Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

CALENDARIO 2021

Xa chega o final deste ano 2020! E traemos o calendario 2021 listo para descargar cos debuxos dos nosos/as alumnos/as e dedicado un ano máis aos Patios Inclusivos.
Desexámosvos un 2021 con moita saúde e felicidade!
Actividade organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega
Aquí o enlace:
Calendario 2021

The Solar System

Os nosos alumnos e alumnas de 4º na materia de Plástica bilingüe fixeron unha magnífica exposición:
"The Solar System"
Un aplauso enorme!

REVITALIZA - ACTIVIDADES SOBRE COMPOSTAXE

Nestas semanas estamos levando a cabo actividades de respecto pola natureza, organizadas pola Deputación de Pontevedra dende o programa REVITALIZA; e a axuda con Concello de Ponteareas.

Instalamos un composteiro, déronnos unha charla sobra a súa montaxe, charlas de microcompostaxe, xogo da miñoca... aquí unha pequena mostra dalgunhas actividades.

 https://revitaliza.depo.gal/

GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN

Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.

Noraboa e grazas a todo/as por participar!

 

O MAGOSTÍN

VELAQUÍ ESTÁ!
XA CHEGOU O SAN MAGOSTÍN!
Que non sabedes que é?!?!
Este curso no noso cole fixemos unha mestura de todas as festas de outono.
O/As neno/as fixeron uns traballos de Plástica preciosos pero no medio coáronse fotos que nada teñen que ver co noso Magostín
Seredes quen de atopar os intrusos?
Comezamos con Ed. Infantil:
 
Quenda agora de 1º e 2º:
 
Agora 3º e 4º:
 
Por último, 5º e 6º:
 

GRADUACIÓN ALUMNADO 5 ANOS

Nesta situación tan excepcional que nos impediu realizar os actos de graduación habituais no centro, queremos dar a NORABOA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS polo seu final de etapa.

Benvidos á etapa de Educación Primaria!!!

O SAMAÍN NO COLE

Así foi como celebramos o Samaín no cole.

PROXECTO PITIÑOS E ROBÓTICA NA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS

Os pasados días 13 e 14 de abril alumnado de 2º de E Primaria e varias mestras do colexio participaron na III Semana das Ciencias de Ponteareas co proxecto Pitiños: Un proxecto do ovo á galiña, premiado no IV Concurso de traballo por proxectos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. Tamén se participou co proxecto de iniciación á robótica que estamos a aplicar no colexio.

A experiencia foi moi positiva e houbo moita expectación por parte do público asistente a esta Semana das Ciencias.

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS FEITOS POLOS ALUMNOS/AS

Nas seguintes imaxes pódense ver os instrumentos feitos con material de refugallo polos alumnos/as do colexio coa colaboración das súas familias.

Distribuir contido