Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

E así quedaron os nosos traballos sobre ROSALÍA DE CASTRO destes días. 
Actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.
Música: Uxía (Letra: "Alborada", Cantares Gallegos, Rosalía de Castro)

ENTROIDO 2023

Así celebramos o entroido no noso cole: ordes do meco toda a semana, desfile final o venres, chocolatada, baile... e a desfrutar todo o mundo!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Así celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Os nenos e nenas de 3ºA e máis o seu mestre Borja gravaron un vídeo sobre o "bullying", ou acoso escolar, que estivemos a ver e comentar nas clases estes días co gallo do día escolar da non violencia e a paz.
Un aplauso para elas e eles porque fixeron un bo traballo! 
Hoxe temos o acto onde alumnos e alumnas de 6º, dirixidos polas súas titoras Olga e Elena, lerán un manifesto e presentarán as actividades que cada aula do cole estivo a preparar para aprender e concienciar sobre o tema.
Tamén o equipo de Plástica Plurilingüe se encargou de crear coas nenas e nenos de Ed. Primaria a pancarta que lucirá no acto de hoxe. A que quedou ben bonita?
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Convivencia e Imaxe.
 

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Estes días estivemos a traballar nas aulas cos nosos alumnos e alumnas os Dereitos Humanos, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA - 20 NOVEMBRO

O venres pasado todos os nenos e nenas do cole aprenderon sobre os seus dereitos con diversas actividades e construíron a súa pulseira dos Dereitos da Infancia.
Queremos destacar o traballo dos mozos e mozas da clase de 6ºA que fixeron un mural precioso cos artigos. Felicidades!

DIA MUNDIAL DA DIABETES - 14 DE NOVEMBRO

Hoxe, Día mundial da Diabetes, a asociación anedia representada pola familia de Uxía, deunos unha charla sobre a diabetes e contounos que hai cans adestrados para poder detectar as subidas ou baixadas de azucre do seu compañeiro humano!
Moitas grazas por vir!
 
 
          

FOGUEIRA DE SAN MARTIÑO

O día que celebramos o MAGOSTÍN non puidemos facer a fogueira simbólica coa que comezamos o Magosto todos os anos por culpa da chuvia, así que, aproveitando que era S. Martiño e que había un día solleiro marabilloso, baixamos pouco antes do recreo para gozar da nosa fogueira que acendeu a nosa conserxe Almudena. Ademais había que prenderlle lume á leña e ao bullo que trouxeran os rapaces e rapazas das súas casas!
 
Queremos darlles as grazas ás familias pola súa colaboración.

MAGOSTÍN 2022

Así gozamos da nosa festa o pasado venres 28!

Houbo xogos súper divertidos coma o lanzamento de castañas, carreiras de sacos, move o teu esqueleto.... e logo puxémonos ata arriba de castañas! Mmmm!
Tamén podedes ver que decoramos as portas das clases e os corredores do cole terroríficamente xenial!
Houbo unha gran participación no concurso de receitas terroríficas organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!
En clase de plástica plurilingüe este ano o dedicamos ás witches/bruxas e tamén fixemos moitas actividades nas outras áreas sobre o Magosto e o Samaín, as dúas festas de outono máis importantes da nosa cultura galega.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Que pasedes unha boa ponte!

Distribuir contido