Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

COÑECENDO O JIU JITSU

Os pasados días tivemos a oportunidade de descubrir un novo deporte: o Jiu Jitsu!

Enlazado co noso proxecto anual de centro sobre os Xogos Olímpicos, levamos a cabo sesións desta arte marcial con todo o alumnado de primaria nas clases de Ed. Física.
Descubrimos formas de controlar a outra persoa e desfrutamos moito.
Grazas ao club Atenea Grappling pola súa axuda e polo seu tempo.

Exposición de Plástica Plurilingüe MARIETA QUESADA

No departamento de Plástica Plurilingüe de Ed. Primaria cada trimestre dedicámosllo a un artista e traballamos a súa vida e obra.
Neste 1º trimestre do curso quixemos dedicarllo a unha artista viguesa, a Marieta Quesada.
Nada nun ambiente familiar de artistas Marieta Quesada estuda Belas Artes na Facultade Santa Isabel de Hungría de Sevilla e comeza a súa andaina no mundo da pintura en Santiago de Compostela en 1980.
Aquí podedes ver algunhas das obras de arte que fixeron @s alumn@s e que amosaron na exposición dedicada a Marieta Quesada á que tamén foron invitadas as familias.
Queremos darlle as grazas por vir visitarnos! 
De seguro que foi unha experiencia que @s nen@s non esquecerán! 

SAÍDA 3ºEP - MUSEO DO MAR

E xa para rematar coas saídas relacionadas co Proxecto de Ciencias vencellado ao paso do tempo, que levamos a cabo nos cursos de 1º a 4ºEP, deixámosvos unhas imaxes dos nenos e nenas de 3ºEP que se achegaron ao Museo do Mar de Vigo para coñecer as diferenzas da pesca no pasado e no presente.

SAÍDA 4ºEP - MUSEO MUNICIPAL DE PONTEAREAS E CASTRO DE TROÑA

O pasado martes, o alumnado de 4ºEP visitou o Museo Municiapal de Ponteareas e o Castro de Troña.

Puideron ver como eran as vivendas e os obxectos que fabricaban os nosos antepasados castrexos. Pero non só iso, senón tamén restos de materiais propios da Prehistoria atopados na comarca do Condado!

Non podían crer que cousas da Prehisotria e da Idade Antiga, etapas que tanto traballaron neste trimestre (como parte do proxecto de Ciencias no que traballaron conxuntamente de 1º a 4º), aínda se conservan hoxe en día.

Unha mañá chea de sorpresas e aprendizaxe!

PROXECTO CIENCIAS E SAÍDA MUSEO DO MAR

No proxecto de Ciencias deste 1º trimestre no que traballamos conxuntamente os cursos dende 1º a 4º de Ed. Primaria estamos de cheo estudando o paso do tempo.

Como o estamos a enlazar co proxecto de Centro, que este curso serán OS XOGOS OLÍMPICOS, o tema central no que imos afondar é, como non podía ser doutro xeito, a IDADE ANTIGA, e en particular a civilización grega.
Pero en 1º e 2º quixemos ir máis ao pasado aínda, e fomos ao MUSEO DO MAR a lembrar a etapa da Prehistoria. Coñecemos a unha nena chamada Mariñona e o seu gran invento: a cerámica.
Tamén fomos visitar o acuario e dar un paseíño polos arredores xa que tivemos a sorte de ter un día solleiro.

DÍA DA INFANCIA

Así celebramos o Día da Infancia e reinvindicamos que tod@s @s nen@s teñen dereito a medrar nunha familia con cariño e protección.

Grazas ás familias pola vosa colaboración.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.

SAÍDA 5ºEP - QUIÑONES DE LEÓN E MUSEO DO MAR

Os alumnos/as de 5ºEP visitaron o Museo Quiñones de León e o Museo do Mar para realizar a actividade "Salvemos a ría"

O SISTEMA SOLAR

@s alumn@s de 5º de Ed. Primaria están a traballar en ciencias o Sistema Solar, e montaron esta bonita exposición de maquetas:

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

O MAGOSTÍN

ASÍ GOZAMOS DA NOSA FESTA!
Houbo xogos súper divertidos coma o lanzamento de castañas, carreiras de sacos, pose terrorífica,.... e logo comemos as castañas quentiñas! Mmmm!
Tamén podedes ver que decoramos as portas das clases e os corredores do cole terroríficamente xenial!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!
Houbo unha gran participación no concurso de historias terroríficas organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega, e que despois foron contadas aos máis pequen@s do cole. 
En clase de plástica plurilingüe este ano o dedicamos aos monstros/monsters, e tamén fixemos moitas actividades nas outras áreas sobre o Magosto e o Samaín, as dúas festas de outono máis importantes da nosa cultura galega.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
 Samaín, MAMÁ CABRA

PROXECTO DE CENTRO - OS XOGOS OLÍMPICOS

COMEZAMOS O ADESTRAMENTO PARA OS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024!

Quixemos dar comezo ao proxecto de centro deste curso cunha andaina á beira do Río Tea facendo exercicio en contacto coa natureza; compartindo un magnífico día de outono en convivencia e apostando polos hábitos saudables.

Os máis pequenos do cole quedaron na Moscadeira, os medianos chegaron ata o merendeiro de As Searas, e os maiores foron ata a Ponte das Partidas, en Moreira. Un xeito tamén de coñecer o noso Concello e as súas rutas de sendeirismo.

Distribuir contido