Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

OBRADOIROS EDUCACIÓN EMOCIONAL

Nestes últimos días o noso alumnado está participando nun obradoiro de educación emocional, de educación para a igualdade e seguridade na Internet; tan necesario para a saúde mental, para a prevención de riscos. para a convivencia e para o benestar.

Grazas Eugenia Urceira polo teu traballo e adicación!

8M - DÍA DA MULLER

HOXE CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

el Diluvi con SÉS - E ti, só ti

8M -AS MULLERES DO NOSO COLE

Aquí temos as mulleres do noso cole, con bonitas mensaxes de admiración co gallo do 8M.

OBRADOIRO USO RESPONSABLE DAS TOALLIÑAS

Nesta semana tivemos un obradoiro para concienciar do uso responsable das toalliñas, aprender sobre as consecuencias mediambientais e e por que non debemos tiralas polo váter.

Debemos pensar en coidar do noso planeta e de todos os seres vivos que vivimos nel!! Non son biodegradables!!

Esta actividade estivo dirixida polo Voluntariado medioambiental do Concello de Ponteareas

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Algúns dos traballos sobre a nosa escritora máis universal
Maianas. Letra, Rosalía de Castro.

DÍA DA PAZ

"...Dende o noso colexio queremos achegar ao mundo unha mensaxe de que sabemos manter, protexer e esixir a paz entre nós. Agardamos que o mundo no que imos vivir estea formado por xente que quere e coide a paz. No noso colexio todos os días son o DÍA DA PAZ..."
Este é un cachiño do manifesto a favor da paz e en contra da violencia que leron 3 alumn@s de 3º de Ed. Primaria.
Moitas grazas a Anxo, Lethi e Daniela que deron voz ao sentir de toda a nosa comunidade.
 
E aquí podedes ver como quixemos que se vexa o noso berro pola PAZ e que chegue o máis lonxe e alto posible.
 
 
Logo bailamos tod@s xunt@s "Amigos para siempre" canción dos Xogos Olímpicos de Barcelona`92, un himno a amizade entre todos os continentes do mundo representados cos aros olímpicos e que enlaza co tema central deste curso.
Esta actividade estivo organizada polos equipos de Convivencia e Imaxe e Biblioteca.

O ENTROIDO OLÍMPICO

ASÍ DE BEN O PASAMOS NO NOSO ENTROIDO OLÍMPICO! 

E na chocolatada e baile que viñeron despois... BO ENTROIDO! 

Esta actividade estivo organizada polos equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares, Dinamización da Lingua galega e Plástica Plurilingüe.
 

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Conmemoramos o Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro) achegando aos nenos e nenas dos colexios os recursos necesarios para continuar avanzando na concienciación do coidado do medio ambiente.

Ao longo da semana, un técnico do Concello, Rubén, xunto ao edil de xuventude Cristian Montes, explicou á cativada diferentes formas de coidar da súa contorna. Ata aprenderon a crear unha patrulla ambiental!!

 

RANCHOS DE REIS

Hoxe queremos lembrar a actuación coa que rematamos o 1º trimestre organizada por Lucía, a mestra de música.

Puidemos gozar dos Ranchos de Reis, típicos da nosa zona. Neste caso, de Guláns.
Moitas grazas por vir, e por coidar e manter as nosas tradicións! 
  
 

PROXECTO DE CIENCIAS DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DE ED. PRIMARIA 1º TRIMESTRE

Neste curso 23-24 tamén quixemos unir o proxecto de centro "Os Xogos Olímpicos" co proxecto de ciencias despois de ver o ben que funcionou o curso pasado. Así que puxemos mans á obra e fixemos a temporalización de contidos relacionándoos cos Xogos Olímpicos.
Neste 1º trimestre dedicamos as Ciencias Sociais ás Leccións do Pasado.
Afondamos na Idade Antiga e en especial na civilización grega como non podía ser doutra forma, ao ser o berce dos XX OO.
Así, @s alumn@s aprenderon que o paso da Prehistoria á Idade Antiga o marca a aparición da escritura, e puideron facer un obradoiro de grego antigo no que aprenderon a escribir os seus nomes coas letras gregas. Tamén aprenderon sobre a vida e costumes da Grecia Antiga e as diferenzas do pasado co presente. Nos distintos andares dos corredores puideron obter información sobre os deportes deses Xogos Olímpicos do pasado: as carreiras de cabalos e de carros e o pentatlón. Ata probaron sorte coa súa puntería e no salto de lonxitude! Tamén tiveron que pasar unha serie de retos para descifrar o nome dun auriga (xinete) famoso: o auriga de Delfos.
Enlazamos ca arte, ao descubrir que moito do que podemos saber do pasado nolo din as fontes históricas, as estatuas, pinturas,... e así poderemos saber a importancia da súa conservación e respectalas.
En Ciencias da Natureza dedicamos o trimestre ao bloque de Materia, forzas e enerxía.
Aprendemos sobre os distintos materiais, a súa orixe, as propiedades... e fixemos experimentos usando o método científico. Para enlazalo cos Xogos Olímpicos fixémolo cos materiais que se usan nos distintos deportes e das medallas. No tema das máquinas simples e compostas as traballamos cos legos en Polos Creativos e tamén aprendemos a súa evolución co paso do tempo e as súas utilidades, identificando as que se usaban no pasado e como foron mellorando nas distintas etapas da historia.
Os nenos e nenas aprenderon moito e a aprendizaxe foi significativa e sobre todo, moi divertida!
Distribuir contido