Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Hoxe rematou o obradoiro de Igualdade impartido en 3°, 4°, 5° e 6° por Eugenia Urceira e organizado polo concello de Ponteareas.
O obxectivo deste obradoiro é previr e detectar calquera problema emocional, de conduta, etc...que poida xurdir ao longo de cada etapa da vida en materia de igualdade de xénero, identidade, violencia de xénero...
Antes de participar no obradoiro, o alumnado tivo que facer unha enquisa para poder partir dos datos recollidos.
As escolas deben ser lugares onde non só se traballen contidos educativos.
É imprescindíbel o benestar emocional das persoas que conforman a nosa comunidade educativa.
#igualdadedexénero #prevenciónviolenciadexénero #identidade

O XOGO DA MIÑOCA

Onte o alumnado de 1° e hoxe o de 2° participou nun xogo cooperativo no que se achegan aos primeiros conceptos sobre os residuos e a compostaxe dunha forma lúdica.

O Xogo da Miñoca é unha actividade pertencente ao programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe" organizado pola Deputación de Pontevedra.
#planrevitaliza #xogodamiñoca #compostaxe 
#reciclaxe


 

DÍA DA FAMILIA

DÍA DA FAMILIA
O pasado luns 15 celebrouse o Día da Familia.
É un día para agradecer a sorte de vivir nunha familia e aprender e respectar a diversidade familiar.

Graciñas a @mansdeouro por escribir o conto "Os meus incribles veciños" e por compartir con nós a súa casiña coa que tanto nos divertimos aprendendo.

LETRAS GALEGAS 2023

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Un curso máis celebramos este día con moitas actividades:
Levamos xa un tempo traballando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego con fichas e este ano tamén cos Mbots na hora de polos creativos. O luns tivemos a sorte de gozar dun concerto de @sergiotannus.musico e Marta Bravo que nos fixeron bailar e cantar, e o martes fixemos unha carreira pola lingua organizada polos mestres de E.F., Conrado e Jose Ángel para a que tivemos que facer os nosos dorsais decorándoos coa nosa palabra galega favorita. Despois ao chegar á meta, poidemos renovar forzas con froita e auga fresquiña!
VIVA O GALEGO!
#poloscreativos #seminariogalan #amestracris #sergiotannus #letrasgalegas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego

GALICIENCIA 2023

Así foi a visita do noso club de ciencia NATURIÑA a #galiciencia2023 o pasado venres en Ourense.
Acompañad@s polos mestr@s Susana, Marga e Borja, os nenos e nenas pasaron unha xornada xenial aprendendo con outros escolares sobre ciencia e amosando os XOGOS TRADICIONAIS ROBOTIZADOS ao resto dos participantes. 
#poloscreativos #galiciencia #mbot

PROXECTO DE MÚSICA

Na área de Música, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron un traballo por equipos no que tiñan que representar unha obra para os seus compañeir@s.
3º e 4º fixérona con marionetas feitas con calcetíns e 5º e 6º con sombras chinesas.
Que artistas! 

POLOS CREATIVOS

Neste último mes probamos 2 novos xogos: Magsmarters e os Mbots
Co Magsmarters podemos explorar e experimentar creando diferentes figuras xeométricas coa axuda de triángulos e cuadriláteros. Séntese a forza do magnetismo e favorece á creatividade. 
Mbot Bluetooth é un kit STEAM de robótica ideal para que os nen@s se inicien na robótica, programación e Scratch. Neste xogamos ao 3 en raia con eles.
Canto nos divertimos aprendendo!

CORRELINGUA 2023

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA! 
Botamos a lingua fóra para reivindicar o galego co #Correlingua!
Xa temos todo preparado para a festa de hoxe en Ponteareas!
O encargado de presentala será Fran Rey e a música poñerana Mekanika Rolling Band!

FEIRA DO LIBRO 2023

Esta semana estivemos a celebrar a FEIRA DO LIBRO que organizamos con motivo do Día do Libro do pasado domingo 23 de abril. Os alumnos estiveron a intercambiar os libros que trouxeron das súas casas durante toda a semana e marcharon moi contentos coas novas adquisicións.
Para clausurar este evento, algúns profes do Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas viñeron ofrecernos un recital de música clásica e faláronnos un pouquiño sobre os instrumentos e as pezas que tocaron. Unha alumna de 2º, Sabela, que tamén é alumna de frauta no conservatorio, xuntouse a eles para tocar unha peza.
Noraboa Sabela!  
E moitas grazas aos profes do conservatorio! 
Música e lectura sempre é unha boa combinación! 

SEMANA DAS CIENCIAS 2023

CLUB DE CIENCIAS "NATURIÑA" 

Como remate da VII Semana das Ciencias de Ponteareas, o venres pasado tivo lugar a Feira das Ciencias que, por mor da chuvia, tivemos a honra de albergar nas nosas instalacións.
O noso club de Ciencias "Naturiña" presentou as actividades nas que estivemos a traballar este curso que foron os xogos tradicionais robotizados, nas que os alumnos e alumnas aprenderon a linguaxe de programación e a manexar os Mbots, entre outras cousas.
Foi moi divertido poder compartir todos estas aprendizaxes cos demais centros de Ponteareas!
Distribuir contido