Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

SONG: "WHEN I WAS YOUNG"

Here is a new video of some students in Fifth Grade singing a classbook song. Enjoy it!

 

Aquí podedes atopar un novo vídeo de algúns alumnos e alumnas de 5º cantando unha canción do seu libro de texto. Desexamos que lles guste.

 

http://www.box.net/shared/lnty0zjbox

 

ACTIVIDADE DO CONSERVATORIO DE PONTEAREAS NO COLEXIO

Este venres 5 de xuño de 2009 estiveron no noso colexio algúns mestres/as músicos do Conservatorio de Ponteareas, facendo unha presentación dos diversos instrumentos para o noso alumnado e aproveitando para interpretar algunhas pezas moi coñecidas polo alumnado.

A actividade resultou verdadeiramente interesante e amena para os alumnos e alumnas, que tamén cantaron a coro algunhas das cancións.

De sobras é coñecida a tradición musical de Ponteareas, terra de grandes músicos, polo que seguramente algúns dos asistentes a esta actividade se dedicará á música.

De seguido podedes ver algunhas imaxes desta actividade.

 

EXCURSIÓN ZOO 2º

EXCURSIÓN AO ZOO DE 2º DE E. PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 2º de E. Primaria foron de excursión ao zoo de Vigo o pasado día 13 de maio.

Ao chegares da viaxe en autobus comeron a merenda, dentro do recinto non se pode, e tiveron un anaco de tempo de lecer.

Cando foi hora de entrar entregaro nas entradas e pasaron a ver una película de intodución. No remate repartironse en dous grupos coas monitoras que lles foron explicando as características e anécdotas de cada animal.

Logo, para rematar,  foron ver o museo dos arácnidos, anfifios e reptiles coas titoras.

E viaxe de volta ao colexio.

A continuación unha mostra desta saída.

EXCURSIÓN AO ZOO 1º

EXCURSIÓN AO ZOO

O pasado día 6 de maio os alumnos e alumnas de 1º de E. Primaria foron de excursión ao zoo de Vigo, onde tiveron unha visita guiada, con  monitores que lles foron explicando as características e anécdotas de cada animal.

A continuación podemos ver unha mostra desa excursión na galeria de imaxes.

INTERCAMBIO CO COLEXIO ST. CHARLES DE LONDRES

De seguido podedes ver unha composición con imaxes do libriño sobre o noso centro que se mando ao Colexio St. Charles de Londres

IMAXES DE INGLÉS: PRIMEIRO TRIMESTRE

Hello!

We are happy to show you photos of some of our students in our English classroom. Your children are using new technologies, they are working on an Interactive Digital Board. There is also a video of a class acting out a song. Just click on the following links.

Ola!

Sentímonos satisfeitos de mostrarlles algunhas fotos do noso alumnado na aula de inglés. Os seus fillos están usando novas tecnoloxías, están traballando nunha Pizarra Dixital Interactiva. Tamén hay un vídeo dunha clase cantando unha canción. Prema nos seguintes links.

 

http://www.box.net/shared/enle0okvch

http://www.box.net/shared/bq6ya53njg 

http://www.box.net/shared/mqu5mifiu7

 

 

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Instrumentos dun dos niveis de Primaria

Nestes días estase montando unha destacada exposición de instrumentos musicais feitos polo alumnado, baixo a coordinación da mestra de Música.

Podes ver imaxes desta actividade na Galería de imaxes desta web.

O SAMAÍN

No ficheiro adxunto hai un traballo feito por alumnado de 6º C

ENTREGA DO 1º PREMIO DO CONCURSO "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS"

Este venres 29 de febreiro faise entrega no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas dos premios do concurso "Somos diferentes, somos iguais" que organizou o Servizo de Información ao Inmigrante e ao Emigrante do Concello.

A clase de 1º A de E. Primaria acadou o primeiro premio neste concurso cun debuxo feito por todo o alumnado, baixo a coordinación da súa mestra titora.

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡¡FELICITACIÓNS!!!!

Distribuir contido