Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

MAGO EN INFANTIL

Onte os nenos e nenas de Ed. Infantil gozaron da actuación dun  MAGO  !
Alucinaron cos seus trucos e pasaron unha xornada fenomenal!
o mago deimi

LETRAS GALEGAS 2021

Este curso para celebrar as Letras Galegas 2021 dedicadas a Xela Arias fixémolo hoxe cun concerto de rock da man de Pakolas 
Tocou todos os seus grandes éxitos: O rock da roda rotaManolo Cavernario, Betume e vendas, Ri, salta, ri, corre...
Foi moi divertido e bailamos e cantamos sen parar!
Preme aquí:
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Estes días estase levando a cabo no cole unha actividade de animación á lectura que está a ser un éxito.

Aos nenos e nenas lles gusta moito ler polo micro para os seus compañeiros.

Bravo! Sodes uns grandes lectores!

A PITA FALADORA 2020/21 - Nº42

Aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Xela Arias.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 42 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital que iniciou o curso pasado. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

      

DÍA DO NENO E DA NENA

Fai un ano, os nenos e nenas ensináronnos os seus poderes extraodinarios, sendo exemplo a seguir pola súa actitude frente a pandemia.
Preguntámoslles que querían atopar detrás das súas portas aquel primeiro día que por fin puideron saír da casa... e este foi o resultado!
Ademais, os nenos e nenas de 2º fixeron uns murais moi chulos lembrando aqueles días de primavera que puideron volver a saír da casa aos parques e rúas a xogar.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

SEMANA DO LIBRO 2021

Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.

Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.

O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.

Foi unha semana moi divertida!!

SEMANA DA PRENSA

Queremos rematar este 2º trimestre amosándovos os traballos dos nosos nenos e nenas na semana da prensa onde se converteron en xornalistas.

PROGRAMA FROITA E LEITE NA ESCOLA

O noso cole participa no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Comezamos co segundo período!

A partir do próximo martes día 6 de abril, disfrutaremos de pequenos bricks de leite para os recreos do alumnado por un período de 30 días consecutivos, así como dunha peza de froita para cada alumno/a durante 10 dias. Así que... organizade os almorzos dos vosos peques!Guiño

 

Programa froita e leite na escola

INVESTIGANDO SOBRE O 8M

En relación co 8M e investigando sobre mulleres importantes na historia, na materia de Inglés os nenos e nenas de 3º e 4º coñeceron a AMELIA EARHART:
Amelia Mary Earhart ​ foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por intentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a línea ecuatorial.

8M - DÍA DA MULLER

O pasado 8 de marzo conmemorouse o Día da Muller.
No cole levamos xa uns días investigando sobre mulleres importantes en todos os apartados: ciencia, literatura, política, medicina... e tamén lles preguntamos cales son as mulleres máis importantes e influentes nas súas vidas.
8M "CAMIÑANDO XUNTAS"
Para rematar montamos unha exposición con zapatos e fotos de mulleres baseada na obra “Over The Continents” da artista Chiharu Shiota, na cal pretendemos resaltar o papel importante que xogan as mulleres cada día nas nosas vidas en particular e na sociedade en xeral.
Distribuir contido