Novas Deporte Escolar

Residuos 0

O C.E.I.P Nº2 DE TUI ESCOLA RESIDUOS O.

Seguimos ao igual que o curso pasado a traballar, para ser unha escola residuos 0. Para iso o noso alumnado, familias e mestr@s están a tomar conciencia da importancia de merendas saudables e sen residuos nos nosos patios. Para isto cada clase ten a súa caixa para deixar os envases durante o tempo de lecer. Cando remata o recreo son recollidos e levados de novo a casa, para poñer a disposición das merendas do día seguinte.

Queremos deixar unha gran pegada no planeta.

 

Deporte na escola

Club Balonman Tui : sitio oficial del club de balonmano de Tui - clubeoPromoción de BalonmánBALONMANO – Disciplina de alta competitividad, donde se enfrentan 2 equipos  de 6 jugadores y 1 portero con el fin de quien haga mas goles es el que  gana el encuentro.

Mércores de setembro de 2023.

O mércores 13 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Martín e varios xogadores coñecemos o Club Balonmán Tui que adestra no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar.

Moitísimas grazas equipo.

 

Deporte na escola

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFERPromoción de Judo e BaloncestoBasket ball GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Martes 12 de setembro de 2023.

O martes 12 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Alejandro e Javier Niño coñecemos o Club Baloncesto Tui que adestra no pavillón vello de Tui, eles animáronnos a practicar este deporte durante todo o curso, nas súas instalacións.

 

Con Rubén Morais do Club Judo Tui, aprendemos técnicas de defensa persoal, a coidar de nós e a coidar dos demais, no ximnasio do colexio. Rubén animounos a visitar as instalacións do seu Club no Centro Interfederado, onde estará encantado de compartir grandes momentos con nós e con este deporte.

 

Grazas, moitas grazas a Rubén, Javi e Alejandro.

 

Curso 23-24

Benvidos ao curso 23/24

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 23/24. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa, mente feliz e dando respostas aos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida aos profes Xosé, Raquel e Patri, aos que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Juncal e ao profe Pablo, novos no equipo, polo que esperamos que gocen moito con nós: coa  profe Mª Carmen Vilches, a profe R.Bea, a profe Lore e a profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano "Diver-xente" onde cumplir moitos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles".

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN

O  verán é a mellor época do ano para practicar deporte en familia e levar a cabo actividades lúdicas onde os nenos e as familias poidan pasar tempo xuntos. 

Consultade os horarios ou as actividades antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares. Recordade cumprir sempre coas medidas de seguridade.

Aquí vos deixamos varias propostas, por se son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para estas vacacións... 

 

En Galicia:  Aquapark Cerceda, Ecoparque Marín,Golfiños Park en Cangas,Marcelle Natureza Lugo
Norte de Portugal: Parque de Lazer de Vilanova de Cerveira, Magikland Penafiel, Parque Acuático de Fafe, Amarante Water Park,  Pena Aventura Park Vila Real, Azurara Parque Aventura Vila do Conde, Timeout Parque Aventura Ponte de Lima, Parque Aventura Diverlanhoso en Póvoa de Lanhoso,Rates Park en Póvoa de Varzim, Parque Biológico de Vinhais.

Para máis información sobre os diferentes parques, horarios, prezo, premede en cada foto.

Sendas e Rutas con Encanto para facer no verán en familia

Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Tui.

Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Aquí vos deixamos algunhas, pinchade na senda que queirades visitar:

Sendas do Monte Aloia: 

•   Senda dos Muíños do Tripes: 

•  Senda do Río Lagartón:

 ·  Senda da Pedra Santa: 

 


Actividades para o verán

A Quinta de Tui Futsal

VII Campus Futsal "Toñín" Martín.

3-21 xullo 2023

A Quinta de Tui Futsal, organiza do 3 ó 21 de xullo o VII Campus Futsal, se che gusta o futbol sala, non podes perdelo.

Puede ser una imagen de fútbol americano, fútbol, panel, póster, equipamiento deportivo y texto que dice "4 QUINTA D TUI FUTSAL VII CAMPUS FUITSAL NENAS E NENOS NAD@S ENTRE 2007 2018 "TOÃIN" MARTIN 0003021 DE XULLO DE 2023 SOLD LJGA Pay óns municipais ORANICS TeS 14:30h 3 sen anas. 150€ 2seanas 110€ DO 0า0S 0€ pincha aquí inscribirte PRAZO DE INSCRICION TELÉFONO: ABERTO ATA 0 21 DE XUÃO 690 05 85 79 ORGANIZA: COLABORAN: PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA TUI"

Actividades para o verán

Club Kayak Tudense

Cursillos de Iniciación ó piragüismo.

O Club Kayak Tudense organiza durante os meses de xuño, xullo e agosto, cursillos de iniciación ó piragüismo. Animádevos a participar.

Puede ser una imagen de 2 personas, kayak, al aire libre y texto que dice "CLUB KAYAK LUDENSE CURSILLOS DE INICIACIÓN PIRAGÃISMO SE TES ENTRE 8 14 ANOS VEN A DISFRUTAR DOS CURSILLOS DE INICIACIÓN NO CLUB KAYAK TUDENSE AS QUINCENAS: AO 14 DE XUÑO 16 AO 28 DE XUÑO AO 14 DE XULLO 17 AO 28 DE XULLO AO 14 DE AGOSTO 17 AO 28 DE AGOSTO HORARIO: 11:00 A13:00 16:45 A 19:00 LÚNS, MÉRCORES VENRES CONFIRMA A TÚA ASISTENCIA NO TELÉFONO 687998497 OU NO CORREO KAYAKTUDENSE <a href=KAYAKTUDENSE@KAYAKTUDENSE.ORG PRAZAS LIMITADAS Xoox TUI XUNTA DEGALICIA NON tinto catering /ABANCA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA merxia PASTORIZA BAITRA"" width="564" height="397">

Actividades para o verán

Club Balonman Tui : sitio oficial del club de balonmano de Tui - clubeoClub Balonmán Tui

Xuño de portas abertas.

O Club Balonmán Tui, organiza no mes de xuño xornadas de portas abertas para coñecer o balonmán, anímate a vivir o balonmán.

Deporte en Familia

Niña Linda Que Monta Un Caballo. Ilustración Vectorial Ilustraciones Svg,  Vectoriales, Clip Art Vectorizado Libre De Derechos. Image 45048263.Actividades na natureza.Hermosos caballos en GIFs - Sementales al galope - 130 GIFs

Actividades en Familia.

Club Hípico Equigalia.

Aquí, as portas das vacacións de Semana Santa do ano 2023, queremos deixarvos unha recomendación para realizar deporte en familia e na natureza. En Tui contamos co Club ecuestre Equigalia, onde podemos gozar do contacto cos cabalos, os seus coidados, practicar a monta e deportes hípicos. Deixámosvos a continuación como contactar con club, e animámovos a visitalo. Moi, moi recomendable para actividades en familia e no entorno natural.

CADROS NATURAIS

CADROS NATURAIS

CADROS NATURAIS

SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN

 

 

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

(Curso 22-23)

 

O pasado martes 13 de xuño os terceiros foron de excursión á illa de San Simón con parada no museo Meirande. No museo comezamos cun vídeo que nos contaba como sucedeu a batalla de Rande no ano 1702 e que tivo unha duración de día e medio. Tamén nos ensinaron como evolucionou o traxe de buzo e puidemos ver as maquetas dos barcos que libraron a batalla.

Xa na illa descubriron todos os seus segredos e realizaron unha xincana por equipos moi divertida. Tamén vos animamos a descubrir a lenda sobre a dragoa Coca, unha lenda que non nos deixou indiferentes.

Á volta disfrutaron dunhas fermosas vistas da ría de Vigo na cuberta do barco, toda a viaxe estivo amenizada con música.

Unha saída emocionante!

 

 

 

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

Distribuir contido