Skip to Content

A nosa horta

A nosa Horta

Seguimos a colleitar LEITUGAS de 5ºA, 

Curso 21-22

O venres 4 de marzo, o alumnado de 5ºA recollemos a seguimos a colleitar as nosas leitugas, que están listas para comer. Cada un/unha levamos a nosa leituga para casa, para facer deliciosas ensaladas. Tamén levaron leitugas o alumnado de 5ºB que colabora no coidado da horta. Un equipo fantástico que ten a horta ao día en coidados. Aquí vos deixamos imaxes da nosa colleita.

 

A nosa Horta

O alumnado de 5º planta millo.

 

O pasado 4 de marzo o alumnado de 5ºA e 5ºB que colabora a diario na horta, plantou millo, que medraron na  aula de 5ºA durante o mes de xaneiro. Dende o pasado venres están na horta, onde esperan que medren boas espigas para facer fariña de millo. Que rico!

A nosa Horta

O alumnado de 2º planta Feixóns e Fabas.

O pasado 4 de marzo o alumnado de 2ºA e 2ºB, transplantou os feixóns e fabas, que medraron nas súas aulas durante o mes de xaneiro. Dende o pasado venres están na horta, onde as van a coidar  con moito agarimo, para recoller unha boa colleita. Moi bo traballo!.

 

A nosa Horta

O alumnado de 5ºA planta Xudías.

O pasado 23 de febreiro o alumnado de 5ºA, transplantou ás xudías ao bancal da horta. Xa están ben grandes para seguir medrando ao aire libre. No mes de decembro puxeron as sementes, no aula en tarros e que foron medrando ao calor. Agora os coidados serán na horta, para ver como medran e recoller xudías ecolóxicas. 

 

A nosa horta

AS LEITUGAS de 5ºA, listas para comer!.

Curso 21-22

O venres 25 de febreiro, o alumnado de 5ºA recollemos a primeira colleita de leitugas. Cada un/unha levamos a nosa leituga para casa, para facer deliciosas ensaladas. Aquí vos deixamos imaxes da nosa colleita.

RECEITAS DE GRELOS DA NOSA HORTA

RECEITAS DE GRELOS

Curso 21-22

Os nenos e nenas de 5 anos de infantil fixeron moitas receitas elaboradas polas familias cos grelos que eles mesmos cultivaron na horta do cole.

Plataron os grelos en outubro e este mes xa estaban listos para comer. Levaron un puñado de grelos para a casa e con eles elaboraron, coa axuda das súas familias unhas exquisitas receitas, ao tempo que traballaron lectoescritura, xa que as receitas están escritas por eles.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que podedes ver as receitas.

 

 

 

RECEITAS SAUDABLES

ENSALADAS.

O alumnado de 5 anos, no mes de setembro levamos leitugas para casa, xa que atopamos, na nosa horta moitas que medran no verán.

Deixamos que medraran nas nosas casas con moito agarimo e os mellores coidados.

Agora no mes de xaneiro, xa estaban grandes e apetitosas para facer ricas ensaladas. Aquí vos deixamos as nosas receitas para que vexades o saudable que comemos os/as nenos/as de 5 anos.

SEMENTEIROS

O alumnado de 1º sementamos nos bancais da horta.

   

O alumnado de 1º plantamos sementes de perexil, cenorias, apio, tirabeques, etc...ao final do mes de Xaneiro. Fixémolo nos bancais da horta, onde esperamos que medren para poder facer platos saudables deliciosos.

SEMENTEIROS

4°A plantamos sementes variadas.

   

O alumnado de 4°A, seleccionamos da mesa de sementes que temos no corredor central da escola as sementes que máis nos gustaron. O 1 de febreiro fixemos os nosos sementeiros, que puxemos na entrada da escola para que medren e máis adiante levar á horta.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

SEMENTEIROS

4°C plantamos cabazas para esponxas.

   

O alumnado de 4°C plantamos pepitas de cabaza no mes de Xaneiro. Estas pepitas son especiais, delas sacaremos esponxa natural, que ten moitas utilidades.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

SEMENTEIROS

4°B preparamos os sementeiros para a horta.

   

O alumnado de 4°B plantamos sementes ao final do mes de Xaneiro. Estas sementes gustaríanos que medraran para levar para casa e para poñer na horta da escola.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

SEMILLEIROS

 

2ºA PLANTARON CABAZAS

Curso 21-22

  As sementes de cabaza son das que máis nos trouxestes as familias. 

  Na clase de 2ºA animáronse a facer semilleiros de cabazas. Cando  chegue a primavera pasaranas para a horta. 

  A parte de estar en contacto coa natureza traballaron matemáticas xa  que tiveron que calcular cantas precisarían si tiñan que plantar de tres  en tres.

 Conseguiremos comer exquisitas cremas de cabaza? 

 

 

SEMILLEIROS

 

2ºB PLANTAN XUDÍAS

Curso 21-22

Os alumn@s de 2ºA plantaron xudías nos semilleiros para na primavera pasalas á horta. 

Encantoulle andar cas mans na terra contar as sementes.

Boa colleita pequenos agricultor@s. 

SEMENTEIROS

3ºA PLANTA TRIGO

Curso 21-22

 

A clase de 3ºA plantou trigo co profe JJ e coa profe Bea de E.F.

Queremos darlle as grazas a Patatas Prado dende aquí por colaborar con nós e

regalarnos o trigo.  Moitas grazas!!

Primeiro prepararon a terra, logo sementaron o trigo, cubriron con terra e regaron. Agora queda esperar á colleita para facer un bo pan.

 

SEMENTEIROS

 

OS NEN@S DE 3ºB TAMÉN PLANTAN AROMÁTICAS E CONDIMENTOS

Curso 21-22

O alumnado de 3ºB preparamos cartelería e plantamos sementes e plantas aromáticas e condimentos: Romero, Vainilla, Fiuncho, Tomillo, Orégano...

Distribuir contido


by Dr. Radut