try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

3º E.P.

Saída ao Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

Hoxe venres 22 de febreiro realizamos a saída do 2º trimestre. Fumos xuntos dende E.Infantil ata cuarto de E. Primaria. O destino escollido foi o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa que está na Coruña. Alí dividímonos en dous grupos, por un lado foron os de Infantil e 1º de Primaria e por outro ds de 2º, 3º e 4º. O primeiro que fixemos foi visitar unha exposición de esculturas feitas con materias reciclados. Todas tiñan un compoñente audiovisual. A exposición titulábase Quadratura e o artista era Daniel Canogar. A sala estaba a oscuras xa que o bonito das obras era que se proxectaban sobre elas luces e imaxes a través dun proxector. É verdadeiramente espectacular e recomendamosvos que si podedes vaiades a vela. Logo fixemos unha actividade moi divertida. consistía en grabar a nosa cara asomada por un pano negro de xeito que parecía que estabamos no aire. Tiñamos que dicir só tres palabras. Logo esa imaxen foi proxectada sobre un maniquí que parecía que falaba. Logo fixemos o mesmo pero proxectandoas sobre a cara da profe Eva, que levaba unha máscara branca e incluso podiamos facelo sobre as mans do monitor cando puxo uns guantes brancos. Para rematar vimos uns videos de películas de cine de ciencia ficción. Foi moi divertido ver como se imaxinaban hai cen anos como sería unha viaxe á Lúa. Nalgunhas cousas os cineastas acertaron como nas videoconferencias e nas TV de pantalla prana, pero noutras non tiñan nada que ver coa nosa vida actual. Agora veredes algunha das fotos da saída. Esperamos que vos gusten.

Distribuir contido