try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

3º E.P.

1ª saída do curso. Proxecto Brinquedos.

O venres 26 de outubro realizamos a primeira saída deste curso. Fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela. A nosa intención era coñecer de primeira man o Proxecto Brinquedos que están a realizar nese colexio dende hai varios anos. Consiste na recuperación de xogos tradicionais que practican nos recreos e que ensinan a todos aqueles que queiran achegarse alí. Son os propios alumnos do colexio os que actuan como anfitrións e xogan cos compañeiros chegados doutros centros. Foi unha mañá moi agradable e divertida. Tamén poidemos ver unha marabillosa colección de xoguetes africanos que teñen polos corredores do centro.

Distribuir contido