try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

3º E.P.

Imos ao teatro.

O xoves 15 de novembro fixemos a terceira saída do curso. Fumos a Narón, ao Auditorio da Praza de Galicia. Alí xunto con escolares doutros colexios asistimos a unha obra de teatro moi divertida.

Titulabase Bon Appêtit. Contaba a historia de tres cociñeiros que nos querían ensinar a cociñar. O seu libro de cociña era de Alvaro Cunqueiro. Prepararon catro pratos e mentras o facían sucedíanlles cousas moi divertidas. O pior foi que houbo rapaces doutros coles que berraron e non pararon de facer ruido, o que foi moi molesto, xa que había partes dos diálogos que non oias. Pero en conxunto pasamolo moi ben e nos divertimos moito.

 

Distribuir contido