PREVISIÓN DE VACANTES ESCOLARES

Educación Infantil:

4º Ed. Infantil (3 anos)  - 22 ....... 3 (prazas NEAE)

 5º Ed. Infantil (4 anos)  -   1

6º Ed. Infantil (5 anos)  -   3

 

Educación Primaria:

1º Educación primaria   -   0

2º Educación primaria   -   0

3º Educación primaria   -   0   

4º Educación primaria   -   0

5º Educación primaria   -   19

6º Educación primaria   -   20  

 

 CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN:

Do 1 ao 20 de marzo: prazo de presentación de solicitudes.

Do 21 ao 27 de marzo: presentación de documentación xustificativa.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais.

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas.

Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Horario de secretaria para presentar a documentación:
    • Luns e martes de 09:00h a 09:50h.
    • De mércores a venres de 13:10h a 14:00h.
    • Martes pola tarde de 16:00h a 17:00h.

O NOSO COLE ANIMOUSE ESTE ANO A PARTICIPAR NO PROGRAMA XOGADE DE ANIMACIÓN AO DEPORTE...E COMEZMOS PISANDO FORTE!!! APUNTÁMONOS COMO COLEXIO NO CIRCUITO FERROLÁN DE CAMPO A TRAVÉS, QUE CONSTOU DE CATRO CARREIRAS (CANIDO, POPULAR DE SAN XIAO E DÚAS NA MALATA).

ALÍ, 80 DOS NOSOS PEQUENOS CAMPIÓNS E CAMPIOAS COÑECERON O MUNDO DO ATLETISMO E PUXERON TODO DA SÚA PARTE PARA QUE VIVIRAMOS UNHAS XORNADAS DE CONVIVENCIA E DE FESTA DO DEPORTE E A SAÚDE (AÍNDA QUE AO FINAL HOUBO CHUCHES).

BRAVO POR ELE/AS!!!

NO FICHEIRO QUE SE ACHEGA PODEDES CONSULTAR A CLASIFICACIÓN DESE DÍA.

Un grupazo de nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria preparou unha coreografía para o concurso convocado pola ASPG "Coreografiate".

Hoxe recibimos a boa nova de que fomos as gañadoras do concurso. Parabéns a todas/os eles, que traballaron moito no seu tempo libre para conseguir o que podedes ver neste video.

A canción é a potente e enérxica "Danza maldita" de DiosKeTeCrew.

Os horarios da carreira do domingo 22 de xaneiro serán os mesmos que os do sábado 17 de decembro en A Malata.

Horario

Distribuir contido