Eventos

« Luns Novembro 03, 2014 »
Lun

Si houbese que resaltar os detalles principais que se encerran baixo esta tradición popular, destacaría o seu carácter integrador. A tradición oral non pertence a ninguén concreto, senón que forma parte do conxunto da sociedade. Ten case sempre a intención de reunir e rememorar determinados feitos, co propósito de facer a todos partícipes deles.

A maioría destas composicións son anónimas, non teñen outro dono que non sexa o conxunto dunha comunidade, e os temas que tocan van en relación directa cos costumes e xeitos de cada lugar. 

En ocasións estes elementos son propios dunha zona concreta, nacen e perduran nel, pero outras veces son importados doutros lugares, polo que non é de estrañar a similitud á hora de comparar algunhas das formas que integran a tradición oral entre uns sitios e outros.

Nesta semana preténdes fomentar o interese polas manifestacións de tradición oral, valorar a cultura popular como patrimonio da humanidade, potenciar os programas de bibliotecas escolares elaborando material curricular a partir da recolleita da tradición oral aínda viva da contorna, trasladar ao ámbito escolar e familiar este interese e valorar outras culturas a través das súas manifestacións populares.

Distribuir contido