Eventos

« Domingo Novembro 16, 2014 »
Dom

O 12 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral invitou aos Estados Membros a que o 16 de novembro de cada ano observasen o Día Internacional para a Tolerancia con actividades dirixidas tanto aos centros de ensino como ao público en xeral (resolución 51/95). Esta resolución aprobouse tras a celebración en 1995 do Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia, proclamado pola Asemblea en 1993 (resolución 48/126), por iniciativa da Conferencia Xeral da UNESCO; o 16 de novembro de 1995, os Estados membros da UNESCO aprobaran a Declaración de Principios sobre a Tolerancia e o Plan de Acción de Seguimento do Ano. No Documento Final do Cume Mundial 2005 (A/RES/60/1), os Xefes de Estado e de Goberno reafirman o seu compromiso de fomentar o benestar, a liberdade e o progreso dos seres humanos en todas partes, así como de alentar a tolerancia, o respecto, o diálogo e a cooperación entre diferentes culturas, civilizacións e pobos.

Distribuir contido