DÍA DA MULLER - 8 MARZO

Con motivo do día da muller traballadora (8 de marzo), visitáronnos dúas mulleres que realizan un traballo que soe ser realizado por homes: unha enxeñeira e unha policía, que nos falaron de como é o seu traballo e respostaron ás dúbidas do alumnado.

Ademais, a escritora María Canosa visitou ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para falar e respostar ás preguntas do alumnado sobre os seus libros, e para asinárllelos.