MAIOS 2020

Aínda que este ano non poderemos facer o xa tradicional maio no colexio, animámosvos a facer outra actividade proposta polo equipo de normalización da lingua galega do CEIP Manuel Masdías.

Dende o noso centro, animámosvos a que fagades o voso "maio" co material reciclado do que dispoñades nas vosas casas ou agora tamén flores, ramas, ou pedras que xa podedes coller na rúa e que os colguedes nas terrazas,balcóns ou ventás, para darlle colorido ás rúas.

Ademais, dende o noso colexio animámosvos a que saquedes unha foto co maio para que nola enviedes ao correo do noso colexio (ceip.ponzos@edu.xunta.es), para que poidamos facer un vídeo.

Ademais, animámosvos a que participedes cantando un maio que coñezades ou que inventedes. A razón é que coas gravacións de audio (soamente son) que fagades, faremos un pequeno programa de radio que colgaremos no blogue da biblioteca. Estas gravacións deberedes envialas tamén ao correo do centro (ceip.ponzos@edu.xunta.es).

Tedes de prazo ata o 8 de maio para enviar as vosas fotos e gravacións de son.

Saúde e feliz maio!!!