Este ano as Letras Galegas adicáronselle a Florencio Delgado Gurriarán e, para celebralo, fixemos este mural tan chulo coas fotos de todos os nenos e nenas do cole.
O alumnado de Educación Primaria fixo unha xincana en busca de información sobre este autor.
E os nenos e nenas de infantil tiveron que descifrar como se chamaba o homenaxeado e traballaron tamén o seu retrato.
Este ano as Letras Galegas dedicáronselle a Xela Arias, poeta contemporánea da cal aprendemos moito estes días a través das diversas actividades que fixemos no centro.
Para comezar, as nenas e nenos de 6º de Primaria recolleron información a través dun xogo de pistas e con ela fixeron tres Kahoots adaptados a diversas idades. Animámosvos a que xoguedes en familia, canto coñecedes sobre Xela? Para xogar debedes entrar en:
Este ano, por mor da situación sanitaria na que nos atopamos, as Letras Galegas adiáronse para o 30 de outubro. Os nenos e nenas de Ponzos celebrámolo preparando este vídeo sobre Ricardo Carballo Calero, o noso veciño e escritor ao que se lle dedica este día.
Achéganse enlaces de creacións de compañeir@s doutros centros para traballar sobre Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2020:
Cando comezou o estado de alarma e o confinamento nas nosas casas, Uxía Lambona e a Banda Molona lanzounos o reto de coller a súa canción verdescente e tentar facer algo con ela de cara ao Día das Letras Galegas.
Falamos cos maiores do cole, os nenos e nenas de 6º, para que dende as súas casas nos enviaran os vídeos cos que facer o traballo.Ponzos verdescente reivindica a importancia da natureza, de coñecer e gozar dos nosos lugares(agora que os botamos tanto de menos) e quedará tamén como unha "foto de grupo" para estes rapaces e rapazas de 6º que lles tocará trocar de cole e de etapa nestas extrañas circunstancias.