Curso 2015-2016

Listaxe de alumnos/as admitidos/as nas actividades - Curso 2015-2016:

Na seguinte ligazón pode consultarse a relación de alumnos e alumnas admitidos e admitidas nas actividades extraescolares organizadas polo CEIP Ponzos para o presente curso 2015-2016.

Comunicado da ANPA do CEIP Recimil:

Incluimos chamamento-invitación da ANPA RECIMIL ante a eliminación dunha liña educativa e o recorte de dous profesor@s, recibido por medio da Federación de ANPAs de Ferrolterra. Para consultar o comunicado, premer na seguinte ligazón.

Convocatoria de becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo (curso 2015-2016):

Na páxina do Ministerio de Educación convócanse becas e axudas para alumnos de ensino primario e secundario que precisan apoio educativo. O prazo de presentación abrangue do 2 de agosto ao 30 de setembro do presente ano, e a solicitude realizarase a través de formulario on-line na propia web do Ministerio. Para realizar a solicitude, consultar a documentación requerida e recabar máis información, premer na seguinte ligazón.

Axudas á escolarización e Becas de comedor escolar (curso 2015-2016):

No taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Ferrol aparecen recollidas, con data 28 de xullo de 2015, as bases, os requisitos e documentación, e a solicitude e anexos (todos eles en formato PDF) relativas ás axudas á escolarización e ás becas de comedor para este curso. Toda esta información está recollida na seguinte ligazón.

Distribuir contido