Skip to Content

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2024.

Co motivo da celebración do Día da Paz deixamos aquí un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria A. En breve subiremos o acto celebrado.

 

 

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR. O PERIGO DAS REDES E INTERNET

O luns 15 de xaneiro, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria tivo as charlas enmarcadas dentro do Plan Director sobre o perigo das redes e internet.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

       

Clica na imaxe para acceder directamente ao documento.

 

 

PRAZAS PARA O CURSO 2024-2025

 

 

RESERVA (*)

VACANTES

TOTAL

SOLICITUDES

4º Educación Infantil

6

40

40

27

5º Educación Infantil

 

10

10

 1

6º Educación Infantil

0

0

 

1º Educación Primaria

0

0

0

 1

2º Educación Primaria

 

0

0

 

3º Educación Primaria

0

0

 1

4ºEducación Primaria

0

0

 

5ºEducación Primaria

0

0

 

6ºEducación Primaria

6

6

 

 

(*) Prazas reservadas para alumnado con NEAE, aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA CURSO 2024-2025

Clica aquí para acceder á información da Consellería.

Comezo do prazo de reserva para o alumnado de sexto de Educación Primaria nos centros IES de Pontepedríña e IES de Sar,  para o curso 2024-2025.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO, ambos inclusive.

Modalidades de presentación de solicitudes:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro 

           ANEXO I, en galego

           ANEXO I, en castelán

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital ademais deberá achegar á sede electrónica o anexo bis dixitalizado.

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada,  presencialmente no centro. Tedes para descargar e imprimir o anexo nos documentos adxuntos.

 A directora.

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: CONCILIA ENTROIDO.

Estimadas familias:

O Concello de Santiago pon en marcha o "Concilia Entroido".  Prazo de inscrición e matrícula entre os días 15 a 19 de xaneiro de 2024,  ambos dous incluídos.

No ficheiro adxunto recóllese toda a información: destinatarios, prazos, horarios, inscrición...

A dirección.

INFORMACIÓN CAMPAÑA SOLIDARIA DE XOGUETES.

Estimadas familias:

A Asociación Saramago xa veu recoller os xoguetes que donáchedes e que en breve, tras a súa limpeza, desinfección e envoltorio,  serán entregados aos nenos e nenas que así o precisen. Queremos agradecer a vosa participación nesta iniciativa solidaria.

A dirección.

SUXESTIÓNS LECTORAS.

 

CLICA AQUÍ PARA ACCEDER

 

FELICITACIÓN DE NADAL.

A comunidade educativa do CEIP Ramón Cabanillas deséxavos que pasedes unhas boas festas e que teñades un feliz 2024. 

CLICA AQUI OU NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTIDO.

CHARLA PARA O ALUMNADO DE SEXTO: COIDADOSAMENTE

O alumnado de sexto, coa actividade financiada pola ANPA, tivo unha charla que levou por título: MOCHILAS COIDADOSAMENTE, sobre afectividade e educación sexual. Á volta de vacacións cada aula levara para a casa unha mochila con libros sobre este tema.

ACTIVIDADE EDUCACIÓN VIAL 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou unha actividade de Educación Vial que rematou cunha visita ás instalacións da policía.

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

I XORNADAS SOBRE CIENCIA NO CEIP RAMÓN CABANILLAS.

Hoxe deron comezo no colexio as I Xornadas sobre Ciencia onde os máis maiores a través de diferentes experimentos achegan a ciencia aos máis cativos do colexio. 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO, SAMAÍN E HALLOWEEN.

Estimadas familias:

O seguinte vídeo é un resumo do día da celebración do Samaín, Magosto e Halloween. O noso agradecemento a ANPA pola súa colaboración e a todos e a todas os que durante esa mañá estiveron asándonos as castañas que degustamos e que estaban moi sabedoras.

clica na imaxe para ver o vídeo

BODEGÓNS DE OUTONO NO CEIP RAMÓN CABANILLAS.

Estimadas familias:

Aquí vos deixamos unha mostra dos bodegóns que realizamos coa recolleita de produtos que vós nos trouxéchedes ao centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

APERTURA DA BIBLIOTECA : XVIII XORNADAS PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN.

Por fin chegou o día!!! A biblioteca abríu as súas portas e non podía ser mellor ocasión cunha semana de contacontos aproveitando a chegada do SAMAÍN. Quedan inauguradas as XVIII Xornadas PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN. Aquí os primeiros contacontos.

FAMILIAS: ACTUALIZACIÓN DE DATOS.

Estimadas familias:

Tedes a vosa disposición na web(como arquivo adxunto) ou no centro o impreso para a actualización de datos por se algunha familia cambiou teléfonos, enderezos, conectividade...De ser así por favor cubrídeo e entregádeo no colexio.

A dirección.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. REUNIÓNS INICIO DE CURSO

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º: EDIXGAL

Estimadas familias:

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre o programa EDIXGAL . Programa destinado ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

clica na imaxe para acceder ao documento.

 

 

QUENDAS PERÍODO DE ADAPTACIÓN 23-24

* O ALUMNADO PODE SER IDENTIFICADO POLAS FAMILIAS ATENDENDO ÁS INICIAIS DO ALUMNO/A DO CENTRO (1º APELIDO 2º APELIDO, NOME)

Documento en pdf.

Distribuir contido


by Dr. Radut