Skip to Content

Curso 2023/24

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

Co motivo do inicio no mes de marzo do  período de admisión,  queremos convidarvos a unha sesión de portas abertas.

A dirección. 

Podedes facer un pequeno percorrido virtual polo noso colexio e saber como se traballa na etapa de infantil clicando aquí.

Os servizos complementarios que ofrece o centro son:

  • Transporte.
  • Servizo de madrugadores por parte do Concello.
  • Comedor escolar por parte do Concello.
  • Actividades extraescolares xestionadas pola ANPA.

VÉMONOS O 27 DE FEBREIRO, ÁS 17:00H!

ENTROIDO 2024

Estimadas familias:

O venres 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Se as condicións climatolóxicas nolo permiten, realizaremos un pequeno desfile ás 11:45h ao igual que o curso pasado. Se clicades na imaxe veredes os mandatos do Meco ou tamén no arquivo adxunto.

A dirección.

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2024.

Co motivo da celebración do Día da Paz deixamos aquí un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria A. En breve subiremos o acto celebrado.

 

 

 

I XORNADAS SOBRE CIENCIA NO CEIP RAMÓN CABANILLAS.

Hoxe deron comezo no colexio as I Xornadas sobre Ciencia onde os máis maiores a través de diferentes experimentos achegan a ciencia aos máis cativos do colexio. 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO, SAMAÍN E HALLOWEEN.

Estimadas familias:

O seguinte vídeo é un resumo do día da celebración do Samaín, Magosto e Halloween. O noso agradecemento a ANPA pola súa colaboración e a todos e a todas os que durante esa mañá estiveron asándonos as castañas que degustamos e que estaban moi sabedoras.

clica na imaxe para ver o vídeo

BODEGÓNS DE OUTONO NO CEIP RAMÓN CABANILLAS.

Estimadas familias:

Aquí vos deixamos unha mostra dos bodegóns que realizamos coa recolleita de produtos que vós nos trouxéchedes ao centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

APERTURA DA BIBLIOTECA : XVIII XORNADAS PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN.

Por fin chegou o día!!! A biblioteca abríu as súas portas e non podía ser mellor ocasión cunha semana de contacontos aproveitando a chegada do SAMAÍN. Quedan inauguradas as XVIII Xornadas PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN. Aquí os primeiros contacontos.

SEMANA DO LIBRO: OS AVÓS E AVOAS TAMÉN CONTAN

Empezamos hoxe venres 19 coa actividade OS AVÓS E AVOAS TAMÉN CONTAN, seguindo coa lectura por parte das familias que iniciamos o curso pasado dende a Biblioteca. Este ano a invitación ás familias ademais de lecturas incluen a posibiliade de contar anecdotas e experiencias da súa nenez, dentro do proxecto do centro: O PASO DO TEMPO.

 

QUENDAS PERÍODO DE ADAPTACIÓN 23-24

* O ALUMNADO PODE SER IDENTIFICADO POLAS FAMILIAS ATENDENDO ÁS INICIAIS DO ALUMNO/A DO CENTRO (1º APELIDO 2º APELIDO, NOME)

Documento en pdf.

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 6 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.

O libro de inglés traerase tamén en setembro.

 Material 3 anos 

 Material 4 anos  

 Material 5 anos  

RECOLLIDA DE VALES E FONDO LIBROS

A partir do luns 10 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".

Información importante.

Extraescolares - ANPA 2023/24

 

Para as familias interesadas,
aí van as follas informativas e de inscrición para as actividades extraescolares.
 
Calquera dúbida ou observación, avisade, por favor.
ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas
anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com

REUNIÓN ED. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2023-2024.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o mércores 28 de xuño, ás 13:00 horas, na Biblioteca do cole.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 20 ao 30 de xuño.

MATRICULA ALUMNADO CURSO 2023-2024

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO,  xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
  • Cuestionario uso da lingua.
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • 2 fotos tamaño carné

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

Meteogalicia

Saída de 3ª a METEOGALICIA onde nos explicaron as prediccións metereolóxicas, os aparellos da estación metereoloxica de Santiago e de sorpresa vimos commo soltaban o globo a radiosondaxe!!!

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/24

CIRCULAR INFORMATIVA PARA A SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/2024

O alumnado matriculado actualmente no centro e que non o fixese ou que este curso non empregara o servizo de transporte e o necesite o vindeiro curso, debe manifestar expresamente mediante escrito, indicando o nome da parada, dirixido á dirección do centro a necesidade de utilizar o servizo de transporte escolar.

Lembren que:

  • Non terá dereito ao servizo de transporte o alumnado que solicite e obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponde por zona de influencia (Excepcionalmente terán dereito irmás e irmáns do alumnado xa escolarizado con carácter forzoso). Artigo 6 Orde 12 de marzo de 2013

  • Terá dereito ao servizo de transporte o alumnado que teña o seu domicilio a unha distancia do centro superior aos 2 Km. Decreto 203/1986

  • As solicitudes de uso excepcional realizaranse anualmente a través de dirección e, de ser concedidas, serán para cada curso escolar, sempre que non sexa preciso asignar as prazas ao novo alumnado con dereito preferente. O feito de obter praza non lle outorga ao beneficiario dereito ningún no futuro.

Presentar en secretaría o anexo correspondente antes do 7 de xullo.

RELACIÓN DE RUTAS E PARADAS

 RUTA DE ANGROIS:.....................VER MAPA

 RUTA DE PONTEPEDRIÑA:............ VER MAPA

 RUTA DE SAR:............................ VER MAPA

Circular transporte familias

Solicitude transporte ordinario

Solicitude transporte excepcional

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2023/24. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Sede electrónica

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

Publicado o calendario escolar 23-24 (ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia)

O inicio do período lectivo vai desde o 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.

Establécese o período de adaptación para o 4º curso de infantil (3 anos) será do 11 ao 15 de setembro.

As avaliacións finais de EI e EP realizaranse a partir do 21 de xuño de 2024.

Períodos vacacionais (non lectivos):

- Día do Ensino, o 7 de decembro de 2023.

- Nadal, desde o 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024.

- Entroido, os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

- Semana Santa, desde o 25 de marzo ao 1 de abril de 2024.

 

BECAS NEAE 2023/2024

Publicada no BOE o 26 de abril a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Máis información

Poderán solicitar esta axuda o alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de:

- Discapacidade

- Transtorno grave de conducta o de comunicación e da linguaxe.

- Transtorno do espectro autista.

- Altas capacidades.

Prazo de presentación: 8 de maio ao 20 de setembro, inclusive.

Convocatoria-NEAE-curso-2023-2024.pdf

certificado comedor escolar.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut