Skip to Content

Taboleiro

A horta no verán

 

Extraescolares - ANPA 2023/24

 

Para as familias interesadas,
aí van as follas informativas e de inscrición para as actividades extraescolares.
 
Calquera dúbida ou observación, avisade, por favor.
ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas
anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com

A miña filla é TEA - Conversas diversas - 30 de maio de 2023 ás 18 horas

O próximo 30 de maio, martes, ás 18 horas, estamos convidadas/os a unha conversa que guiará Karina Oliveira Brito.

Agardamos que sexa do voso interese.

Gala de Premios DígochoEu

Gala de Premios Dígocho Eu.

A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.

Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.

Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!

Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.

Nova en La Voz de Galicia

Nova en Europapress

 

Mercado de intercambio de libros en Galego. Letras Galegas.

O mercado de intercambio de libros en galego é unha homenaxe a Francisto Fernández del Riego, quen crea o Día das Letras Galegas como "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros".

O mercado de intercambio de libros proposto pola ANPA As Brañas, ademais, supuxo un reto superado en dous aspectos:

O primeiro,

desenvolver no alumnado a economía circular: contribuíndo co coidado do noso Planeta, a través da reutilización dun dos recursos máis prezados que o ser humano creou, o libro, como contenedor de coñecemento.

O segundo,

realizar unha análise dos libros en galego que temos na casa. Comprobamos que non son moitos, e que, moitos, son indicados desde o centro educativo...

Grazas a todas e todos os que participastes e agardamos que os "novos" libros que chegaron ás casas sexan verdadeiramente interesantes.

Grazas a ANPA As Brañas pola colaboración e desenvolvemento desta actividade.

(Ver cuña aquí) (Ver proposta de participación aquí)

ACTIVIDADE : LINGUAXE DE SIGNOS

Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.

Grazas a ANPA por propor esta actividade.

(Ver cuña aquí)

Celebración das Letras Galegas. Sempre coa Biblioteca

Agradecementos especiais ao alumnado de 6º, á Agrupación Folclórica da Colexiata do Sar e a ANPA As Brañas. Grazas a todas e todos por participar no desenvolvemento e gozo desta actividade.

 

En relación ás linguaxes: A lingua de Signos. Homenaxe a Francisco Fernández Del Riego

 

Agradecementos especiais á ANPA As Brañas, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a Luis Vallecillo. Grazas a todas e todos por participar no desenvolvemento e gozo desta actividade.

 

Premios Día da Nai Terra

O pasado 22 de abril celebramos o día da Nai Terra, e a ANPA As Brañas propuxo unha interesante campaña de concienciación do coidado da nosa escola.

Aquí as participacións e os premiados (fai clic na imaxe para ir ao video). Os premiados están a partires do minuto 3:12.

 Moitas grazas pola iniciativa, pola participación e pola implicación.

Os premios entregaranse o 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas.

Mercado de troco de libros e contos en galego

Estimadas familias,

A ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas anima a participar no Día das Letras Galegas de 2023 cunha interesante proposta que vai na liña de desenvolver unha economía circular e sostible.

Fai clic na imaxe para ver máis grande

 

É unha iniciativa similar á que se desenvolveu na Semana do Libro por parte da Biblioteca, pero esta vez, a lingua do material bibliográfico debe estar en galego.

Os participantes recibirán un vale que poderán trocar por un libro que atopen na Biblioteca (dos que participen) que lle poida interesar. Neste caso non hai que envolvelo e a única condición é que estea en bo estado e sexa en lingua galega.

O día 10 de maio é a data liimite para poder traelo.

Moitas grazas por participar.

22 de abril día da nai Terra

Xornada de portas ABERTAS para o curso 2023/24, alumnado novo

Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado.

O próximo XOVES día 23 de febreiro de 2023, ÁS 16:30, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.

Mentras poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:

                                  

(Vídeo creado en marzo de 2021)

Área de influencia do centro.

Dependencias do centro.

Extraescolares - ANPA -2022-23

A horta escolar no VERÁN

No verán a HORTA ESCOLAR non para. Grazas a colaboración de Luz Eyo (Hortalíza-T) convidamos a todas as familias que o desexen a disfrutar da horta, colaborar no seu mantenemento e recoller os froitos ben merecidos, despois de xornadas de traballo colaborativo.

Grazas por formar parte!

 

 

Xornada de portas ABERTAS para o curso 2022/23, alumnado novo

Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado (do 1 ao 21 de marzo).

O próximo VENRES DÍA 25 de febreiro de 2022, pola tarde, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.

As/Os interesadas/os deben contactar co centro para concertar un horario, xa que o aforo dos grupos é reducido pola situación de pandemia que vivimos. Neste sentido, só se permitirá a entrada a un membro da familia da alumna ou alumno que concertara cita.

Para concretar a hora do grupo no que desexen asistir deben chamar ao teléfono do centro: 881867921

Se o prefiren poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:

(Vídeo creado en marzo de 2021)

Moitas grazas,

O equipo directivo

 Pode consultar todo o relativo á admisión na seguinte páxina da xunta.

Inicio do procedemento de admisión 2022/2023

E descargar as instrucións xerais de admisión 2022/2023 para saber máis.

 

Celebra coas Tanxugueiras o Día Internacional da Lingua Materna

Desde o CEIP Ramón Cabanillas, facemos eco deste evento: Día Internacional da Lingua Materna

  • Entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo
  • O evento dura sobre unha hora
  • Data: 20 de febreiro, ás 11.30 h. é importante que veñas antes, para non quedarte fóra.
  • Lugar: xardín do teatro da Cidade da Cultura

Este ano, a Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Lingua Materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. 

As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.

Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego.É un acto de entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo e, por tanto, aberto a todos os nenos e nenas que desexen asistir e ás persoas acompañantes.

Actividade organizada pola Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización LingüísticaSecretaría Xeral de Política LingüísticaConsellería de Cultura, Eudación e Universidade

 

Día da Muller na Ciencia

   Hoxe visitou o noso centro Jose Antelo, pai de Lucía Antelo, alumna de 4ºA.

   Jose é químico nunha empresa de Forcrei así que nos explicou un pouco en qué consistía a química, e o que máis nos gustou,un montón de experimentos cos que disfrutamos e aprendimos moitísimo!!

   Dende o centro queremos agradecerlle a súa colaboración que foi máis alá do que tiñamos previsto.

Preme na imaxe e veras o video

Acceso a galeria de fotos

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 6º DE 2021

ACTO DE DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DO CURSO 2020/2021

BATUCADA 6º

6ºA 6ºB

ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe, 18 de xuño, realizouse a entrega de premios aos gañadores/as do concurso organizado pola ANPA. Aquí tedes a galería de fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut