Skip to Content

Curso 2023/24

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

Publicado o calendario escolar 23-24 (ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia)

O inicio do período lectivo vai desde o 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.

Establécese o período de adaptación para o 4º curso de infantil (3 anos) será do 11 ao 15 de setembro.

As avaliacións finais de EI e EP realizaranse a partir do 21 de xuño de 2024.

Períodos vacacionais (non lectivos):

- Día do Ensino, o 7 de decembro de 2023.

- Nadal, desde o 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024.

- Entroido, os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

- Semana Santa, desde o 25 de marzo ao 1 de abril de 2024.

 

BECAS NEAE 2023/2024

Publicada no BOE o 26 de abril a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Máis información

Poderán solicitar esta axuda o alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de:

- Discapacidade

- Transtorno grave de conducta o de comunicación e da linguaxe.

- Transtorno do espectro autista.

- Altas capacidades.

Prazo de presentación: 8 de maio ao 20 de setembro, inclusive.

Convocatoria-NEAE-curso-2023-2024.pdf

certificado comedor escolar.pdf

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2023-2024

Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:

Inicio do procedemento de admisión 2023/2024

Todas as solicitudes entregadas no noso centro onde hai vacantes foron ADMITIDAS.

VACANTES 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
3 ANOS 50* 26
4 ANOS 6 1
5 ANOS 15 1

  

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 8** 1
0 -
0 1
0 -
1 -
18 -

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

CALENDARIO 

ANTES DO

1 DE MARZO

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2023

Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100).

ANTES DO

1 DE MARZO

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES

DO 1 AO 20

DE MARZO

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 SOLICITUDES

Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2023

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. 

ED550B-G ou ED550B-C 

10 DÍAS HÁBILES 

CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión

CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN 

Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.

O 25 DE ABRIL

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES) Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.

O 15 DE MAIO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 
 
PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

Área de influencia do centro.

Dependencias do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut