Skip to Content

Taboleiro

GRANXA-ESCOLA

  PRESENTACIÓN FEITA POLO ALUMNADO DE 5ºA


 

DIPLOMAS

Diplomas da Real Academia Galega outorgados pola participación do noso Centro nas actividades propostas.

PREMIO

"XVII Concurso de poesía ANOMAR", organizado pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Gañador: Fernando Alló Seoane (6ºA)

Finalista: Lucas Santiago Millán (6ºA)

Finalista: Lucía Domínguez Devesa (5ºB)

Finalista: Ximena Landeira Lista (5ºB)

Miniatura del vídeo: Poema de Lucas (6ºA) Miniatura del vídeo: Poema de Lucía (5ºB) Miniatura del vídeo: Poema de Ximena (5ºB)

Noraboa!!

PREMIO

O alumnado de 2ºA do curso 2019/20 obtivo o 1º premio no concurso Correlingua 2020 na modalidade de Banda Deseñada coa súa obra "A Maldición dos Libros en Galego". Como agasallo , neste curso, puideron realizar un obradoiro de ilustración co debuxante Manel Cráneo. Noraboa.

PREMIO

A postal de Lucas Rivas Araújo foi a gañadora na categoría de 4º de primaria no concurso "Who cares? /Quén o cuida?", premio que recibiu no acto organizado polo Consorcio de Santiago con motivo do 35º aniversario da declaración da nosa cidade como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

PREMIO

Diego del Río Carracedo, de 4ºA, resultou gañador do I Concurso de debuxos para centros escolares 2020 "Xosé Antón García. Debuxando o noso patrimonio" na categoría de 3º e 4º de primaria, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, coa súa obra "Arco de Mazarelos na Zona Vella"

VÍDEOS DE DESPEDIDA DE 6º

CONCURSO

Concurso de acrósticos sobre a figura do escritor que dá nome ao noso Centro organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

1º premio: Seth Marval Barbosa

2º premio: Lidia Monasterio Domínguez

3º premio: Lucía Rendo Rial

Lucía Balseiro Delgado.

Premios de aulas: 3ºB, 4ºB e 6ºB.

Noraboa aos premiados/as

DESPEDIDA ALUMNADO 6º

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, SENDO A PRIMEIRA PROMOCIÓN QUE CURSOU ENTEIRAMENTE INFANTIL E PRIMARIA NO NOVO EDIFICIO.

GIF 6ºA GIF 6ºB

PREMIO

Lucas Lameiro Montero de 4ºB resultou premiado cunha bici no III Concurso de Debuxo sobre Educación Viaria organizado pola Policía Local de Santiago. Á gala de entrega de premios acudiron as dúas aulas de 4º que participaron no concurso.

http://policialocal.santiagodecompostela.gal/novas.php?id=18635&idioma=&sec=12

PREMIO

As aulas de 2ºA e 2ºB do CEIP Ramón Cabanillas recibiron o 1º premio no IX Concurso de Carteis organizado pola Biblioteca Pública Ánxel Casal con motivo do Día das Letras galegas 2019. Noraboa ás dúas clases. O 2º premio e un dos accésits foron para Nerea e Mara Espiño Cancela, alumnas do Cole, que se presentaron por libre.

                             Fotos da entrega de premios.

DESPEDIDA PROMOCIÓN 2018

ENTREGA DE DIPLOMAS 6º DE PRIMARIA DESPEDÍMONOS DE INFANTIL

DANZA

O pasado 27 de maio tivo lugar no Auditorio de Galicia o Certame  de Danza Intercentros.

Polo CEIP Ramón Cabanillas participaron: Nuria Sanz, Sandra Sanz, Esther Sanz, Noa Fernández, Sarela Lueiro, Roi Fernández, Nadia Linares, Aroa Iglesias, Ander García, Antía Carbonell, Sofía Nascimento, Iria García, Lola Curiel, Xoel Linares, Sara Fernández e Gabriel López.

PREMIOS BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

No VIII concurso de carteis do Día das Letras Galegas organizado pola Biblioteca Ánxel Casal resultaron premiados:

  • Segundo Premio: aulas de 1º e 2º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Terceiro Premio: nenos e nenas de infantil 5 anos do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Accésit: alumnos e alumnas de Educación Infantil de 3 anos do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Accésit: Mara Espiño Cancela de infantil 5 anos.

Noraboa aos gañadores/as!!

ENTREGA DE PREMIOS CORRELINGUA 2018

En Pontevedra tivo lugar o acto de entrega de premios da edición de Correlingua 2018 na que a aula de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas resultou gañador do primeiro premio no concurso de vídeo de infantil e primaria.

VISITA Á CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA

O alumnado de 5ºA foi premiado cunha viaxe a Outeiro de Rei por ser os gañadores do certame de video de Correlingua 2018, unha xornada que compartiron coa aula de 5ºB do CEIP Albeiros de Lugo, gañadores no apartado de banda deseñada. Recibíronos na Casa-Museo de Manuel María, ali ofreceulles un concerto Paco Nogueiras, logo xantaron e realizaron unha visita guiada ao Museo arredor da obra "Os soños na gaiola"

ENTREGA PREMIOS

               

Entrega de agasallos ao alumnado que resultou premiado no concurso de marcapáxinas sobre Rosalía de Castro celebrado recentemente.

PREMIO

Julia Pérez Vicente, alumna de 3ºA resultou premiada no Concurso de Cartas de Nadal organizado polo Concello de Santiago. Noraboa, Julia.

DESPEDIDA ALUMNADO 6º CURSO

 

Entrega de diplomas á promoción 2017 de 6º de primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut