Skip to Content

Educación infantil

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE A AUGA

Sonia Barros e Cristina Lourido, nais de Alejandro e Sara respectivamente de 6º de Ed. Infantil B impartiron ao alumnado do último curso Ed. Infantil un obradoiro de sensibilización ambiental sobre a escasez, contaminación e a depuración das augas residuais urbanas. Grazas pola vosa colaboración.

APEGO

Apego é un proxecto para o fomento do emprego da lingua galega promovido polos servizos de Normalización Lingüística de distintos concellos de Galicia e dirixida ás familias con nenos e nenas de ata seis anos. 

 

  Enlace coa páxina do Concello con máis información

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

RELACIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 O material entregarase na aula o día 6 de Setembro de 10 a 13 h nunha bolsa co nome e curso.

CONTACONTOS LAURA GONZÁLEZ

O pasado 15 de maio veu  ao Centro Laura González, nai de Bruno de 5º de infantil B, para realizar unha sesión de contacontos para o alumnado de Infantil. Moitras grazas!

CONTACONTOS SANDRA VÁZQUEZ

Queremos dar a grazas a Sandra Vázquez, nai de Lara Oviedo, da aula de 5º de Infantil B, por contar a historia "A Cociña dunha Meiga"

CONTACONTOS MARÍA CALO

María Calo, nai de Carolina Lago de 5º de infantil B, contou a historia "A Qué Sabe a Lúa" Moitas grazas pola túa participación

CONTACONTOS

Sandra Vázquez (nai de Lara Oviedo) ofreceu ao alumnado de 4º de infantil o contacontos "O animal máis forte do mundo" baseado nunha lenda africana da tribu dos Masai. Pasámolo moi ben e queremos agradecerlle a súa colaboración.

MATERIAL ESCOLAR

Listado de material para o alumnado de Educación Infantil

As familias entregarán o material na aula correspondente ao seu fillo/a o día 7 de setembro de 10 a 13h nunha bolsa co nome e curso.

PLANTACIÓN ED. INFANTIL

Agradecemos unha vez máis a colaboración da nais e pais na continuación da plantación realizada no Cole, agora co alumnado de Educación Infantil.

II CONCURSO DE VIDEO CREACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO

ABERTO O PRAZO DE VOTACIÓN PARA USUARIOS REXISTRADOS DE FACEBOOK ATA O 29 DE MAIO.

ENLACE Á PÁXINA DE FACEBOOK DO CONCELLO

PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA

Dentro do proxecto de educación infantil deste curso  cinco pais/nais de alumnos/as impartiron charlas-obradoiros sobre as froitas. Foron a nai de Lola Rodríguez de 3 anos B, a nai de Martina de 4 anos A, o pai de Candela de 4 anos B, a nai de Pedro de 5 anos A e a nai de Anne de 3 anos B. 

CONTACONTOS

Voltou ao noso Centro Anxo Moure para contas as súas fantásticas historias, esta vez ao alumnado de infantil.

PLANTACIÓN

O alumnado de infantil puxo en marcha o horto urbano no que sementaron leitugas, cenorias, cebolas, amorodos, acelgas e plantas aromáticas.

VOZ NATURA

Alumnado de Educación Infantil axudando a montar as xardineiras do horto escolar para o Proxecto Voz Natura.

VISITA DOS PAXES REAIS

Para achegar aos Reis Magos as peticións das nenas e nenos de Educación Infantil viñeron polo Colexio os seus Paxes e recolleron as súas cartas.

 

AGRADECEMENTO

O Video "Nas miñas mans" obtivo o 2º posto na votación do público do concurso de video-creación do DLG do Concello de Santiago.

Papis/mamis, compañeiros/as, familiares, amigos/as, coñecidos e non coñecidos.

A todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración e apoio.

Un agarimo moi especial para os meus alumnos/as de 3 anos B por ser uns campeóns.

PLANTANDO

Plantando é un proxecto realizado en Educación Infantil que consiste en plantar flores usando zapatos vellos como macetas, unha forma de plantar e reciclar. Con todos esos zapatos decorados montouse unha exposición no Colexio.

"NAS MIÑAS MANS"

Pequena historia inventada sobre unha pomba que durme na escuridade e quere buscar a luz para levar a PAZ ao mundo. Os nenos/as guiarana por un labirinto de mans brancas para que así poida atopar a claridade.

Educación Infantil 3 anos B

 

Distribuir contido


by Dr. Radut