Skip to Content

Complementarias

SAÍDA 1º CICLO

Saída extraescolar  de 1º e 2º de Primaria ao Centro Apípolis en Xeve (Pontevedra), para experimentar os coñecementos adquiridos no Cole sobre as abellas e das que podedes ver a súa exposición máis abaixo. 

EXCURSIÓN 3º CICLO

Saída do alumnado de 5º e 6º de Primaria pola zona do Barbanza visitando Porto do Son (Museo da Memoria Mariñeira), o Castro de Baroña, o Miradoiro da Curota, a Praia de Cabío e o Dolmen de Axeitos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura. Alumnado de distintos cursos achegarase á Galería Sargadelos nas sesións de contacontos "...Outro conto, mamá".  Nas imaxes os grupos de 1º de primaria.

CICLISMO

O Colexio participou no programa escolar "La Vuelta Junior 2014" no que o ex-ciclista Gustavo Rodríguez impartiu sesións teóricas e prácticas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para fomentar este deporte.

CONCERTO

Os grupos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria asistiron no Auditorio de Galicia á representación da obra "A Frauta Máxica" a cargo da Banda Municipal de Música e a compañía Viravolta Títeres. Como mostra poñemos algunha imaxes da saída de 3º e 4º.

 

LIGAZÓN CO PROGRAMA E A GUÍA DIDÁCTICA

MAXIA

Día de maxia para o alumnado de infantil e 1º de primaria coa actuación do  ilusionista Martín Camiña.

HORTO ESCOLAR

Escolares de 5º, coa colaboración dos grupos de 3º, plantaron no horto escolar leitugas, cenorias, xirasois e remolachas.

LIMPEZA DO RÍO SAR (II)

Segunda xornada de limpeza nas Brañas do Sar, por parte de alumnos/as de 5º de Primaria e de 6ºA.

CONTO VIAXEIRO

Ligazón ao blog do Conto Viaxeiro do Concello de Santiago. Pasou polo CEIP Ramón Cabanillas para alumnos/as de 3º de Primaria.

CONTACONTOS

Anxo Moure estivo co alumnado de Infantil e 1º Ciclo de Primaria disfrutando dunha sesión dos seus Contos Solidarios

LIMPEZA DO RÍO SAR

Xornada de limpeza no entorno do Río Sar por parte da clase de 6ºB do CEIP Ramón Cabanillas e de alumnos/as de 1º da ESO do IES de Sar.

DÍA DA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore realizouse unha plantación no recinto escolar por parte de alumnos/as de Infantil e 3º de primaria.

Información publicada da edición impresa de La Voz de Galicia do 15 de marzo
 

CONTACONTOS

O pasado 14 de marzo, o alumnado de Educación Infantil tivo a oportunidade de disfrutar coa actuación do contacontos Iago.

ENTROIDO 2014

 

Galería de imaxes do Entroido 2014

CONCERTO

Os alumnos/as de 2º de primaria asistiron o 11 de febreiro ao concerto da Banda Municipal de Santiago e Odaiko Percussion Group no Teatro Principal. O espectáculo narraba as peripecias dun grupo de percusionistas que, viaxando polos pobos de España, mostran diferentes melodías e ritmos, dende unha muiñeira ata unha samba.

PREMIOS FUNDACIÓN GRANELL

Facundo Veloso, Aisha Castro, Brais García, Daniel González Fiúza, Irene Rodríguez, Alejandro González, Sergio e Marcos Arosa foron os gañadores do X Certame de Arte Escolar Eugenio Granell "A Illa dos teus Soños".

Noraboa a Lucía e aos artistas gañadores na categoría de 3 a 5 anos.

EXHIBICIÓN

O xoves 12 de decembro o Grupo Canino de Protección Civil de A Estrada amosou para todo o alumnado unha exhibición de cans de rescate, un grupo que participou nas búsquedas dos terremotos de Turquía, El Salvador, Haití e Lorca.

Exhibición cans de rescate from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.

    

INFORMATIVOS TVE

Momento no que se recolle a visita á exposición "Orinoco" de alumnos/as do CEIP Ramón Cabanillas.

(Minuto 37)


CHARLA SEPRONA

Dous membros da unidade do Seprona da Garda Civil ofreceron unha charla didáctica, a todo o alumnado de primaria, sobre o traballo que están a desenvolver pola conservación do noso Medio Ambiente.

  


MAGOSTO 2013

O venres, 15 de novembro celebramos no Centro o tradicional magosto, despois da degustación das castañas houbo unha selección de xogos populares no patio.

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut