Skip to Content

SAMAÍN 2020

EDUCACIÓN VIAL

Como en cursos anteriores, dous membros da Policía Local ofreceron unha charla didáctica sobre educación vial ao alumnado de 4º de primaria.

SAMAÍN NA BIBLIO

Este ano non poderemos celebrar o Samaín no espazo da biblio, pero iso non quere dicir que non vaiamos compartir as vosas historias máis terroríficas con todas as aulas do Cole.

Tedes máis información no Blog da Biblioteca

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

LIGAZÓN WEB CONSELLERÍA

AVISO

Co fin de garantir a seguridade e hixiene  persoal no colexio, aconséllase non traer xel  hidroacohólico por parte do alumnado (e moito menos pulverizadores), excepto aqueles que acheguen unha  prescrición médica para tal fin, xa que o Centro dispón de dispensadores que proporcionan xel  e xabón (marcas rexistradas e homologadas) en todas as súas dependencias.

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

INFORMACIÓN XERAL PULSEIRAS

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

HABERÁ DISTNTAS QUENDAS EN CADA GRUPO, CADA FAMILIA SERÁ AVISADA PARA SABER EN QUE QUENDA LLE CORRESPONDE.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS NON PRESENCIAL  
4 ANOS NON PRESENCIAL  
5 ANOS NON PRESENCIAL  

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA NON PRESENCIAL, DARASE AVISO
 
1ºB REALIZADA NON PRESENCIALMENTE  
2ºA/B NON PRESENCIAL, DARASE AVISO  
3ºA/B/C LUNS, 5 DE OUTUBRO

17:00  a 17:30 /17:30  a 18:00

4ºA/B MÉRCORES, 7 OUTUBRO 17:00 a 18:30
5ºA/B MARTES, 29 DE SETEMBRO 17:30
6ºA/B MARTES, 13 DE OUTUBRO  17:00 a 18.30

    

AVISO COMEDOR ESCOLAR

Se algún usuario/a de comedor ten dúbidas na súa inscrición pode poñerse en contacto co encargado do mesmo:

E-mail:

comedorramoncabanillas@alimentacionsaludablegallega.com

Tfno.:628071775

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

INFANTIL 3 ANOS 4 ANOS

5 ANOS

PRIMARIA

INICIO DO CURSO

O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

Enlace Web Consellería

O luns publicarase o  horario detallado de entradas e saídas por cursos, adiantamos que uns grupos entrarán ás 9:00 e outros ás 9:10 e sairán ás 13:50 e ás 14:00

BECAS NEAE

Publicada no BOE (08/08/2020) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 30 de setembro de 2020

Máis información

AXENDA ESCOLAR

Non merquen a axenda escolar para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria xa que será proporcionada polo Centro.

PERÍODO ADAPTACIÓN INFANTIL

 Os días 10 e 11 de Setembro farase un pequeno período de adaptación para os nenos/as de 4 e 5 anos para explicarlles os hábitos de hixiene, distanciamento social, rutinas de traballo, xogo, normas de principio de curso, entradas, saídas...

Máis información sobre as quendas de 4 e 5 anos

Máis información sobre as quendas de 3 anos

CALENDARIO ESCOLAR

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2020/2021

 No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

WEB CONSELLERÍA                     

RECOLLIDA VALES E FONDOLIBROS

A partir do mércores, 8 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Información importante.

MATERIAL INFANTIL

RELACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2020/2021

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

Nota: os libros de préstamo de 3º de primaria do programa Fondo Libros cumpriron os 6 anos de vixencia establecidos polo que se procedeu á súa renovación. Para o curso 2020/21 recibirán en 3º gratuitamente os libros que lles correspondan segundo a solicitude realizada no Programa  de Fondo Solidario de Libros de Texto, lembramos que o prazo remata o día 19 de xuño.

AXUDAS COMEDOR, MATERIAL ESCOLAR E ACT. EXTRAESCOLARES

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. Polo tanto, a partir deste martes, 30 de xuño, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes.

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut