Skip to Content

Taboleiro

PREMIOS

O alumnado de 4º curso de primaria participou no concurso de debuxo sobre educación viaria organizado pola Policía Local. resultaron premiadas Nuria Sanz García (de 4ºA) e Paula Rodríguez García (de 4ºB)   que recibiron unha bicicleta na Gala pola Seguridade Viaria celebrada no Auditorio de Galicia. Noraboa ás premiadas.

Web do Concello

PREMIOS

No VII concurso de carteis do Día das Letras Galegas organizado pola Biblioteca Ánxel Casal resultaron premiados:

  • Primeiro Premio: Lois Rodríguez Pereira, de 10 anos, alumno do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Segundo Premio: nenos e nenas de 2º curso de EP do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Accésit: alumnos e alumnas de Educación Infantil de 5 anos do CEIP Ramón Cabanillas.

Noraboa aos gañadores/as!!

GAÑADORES CARTAS DE NADAL

Noraboa a Lucas e Damián de 4ºB, gañadores do concurso de cartas de Nadal organizado polo Concello.

Acceso á nova

Fotos da entrega de premios

FIN DE CURSO

Despedida da promoción de 6º de primaria.

FIN DE CURSO

Despedida da promoción de 6º curso de Primaria.

FIN DE CURSO

 

Acto de entrega de diplomas e despedida da promoción de 6º de Primaria.

Animación E. Infantil

ENTREGA PREMIO

No festival e acto de clausura das actividades de Voz Natura celebrado en Acea de Ama foi entregado o premio da provincia de A Coruña ao CEIP Ramón Cabanillas polo seu traballo sobre a recuperación das brañas do Sar.

PREMIO

O Comité Científico do Programa Mediombiental "Voz Natura" concedeu o Premio Provincia de A Coruña ao noso Centro polo traballo realizado baixo o título "Salvemos o Río Sar e as súas brañas".

O premio será entregado o sábado, 7 de xuño, no Parque Deportivo de Acea de Ama, Culleredo.

PARABÉNS A TODAS E TODOS!       

<<<Ligazóns coa nova publicada e a reportaxe do xornal "La Voz de Galicia">>>

PREMIOS FUNDACIÓN GRANELL

Facundo Veloso, Aisha Castro, Brais García, Daniel González Fiúza, Irene Rodríguez, Alejandro González, Sergio e Marcos Arosa foron os gañadores do X Certame de Arte Escolar Eugenio Granell "A Illa dos teus Soños".

Noraboa a Lucía e aos artistas gañadores na categoría de 3 a 5 anos.

FIN DE CURSO

Actuación do grupo

Cantigas e Agarimos (video)

Despedida de alumnos/as de 6º de Primaria

 


CONCURSO

 

A alumna de 6ºB Paula Noya, resultou finalista na fase autonómica do XXXII Concurso "¿Qué es un Rey para ti?" con esta fantástica obra.

Noraboa.

 

 

 


 


 

TEATRO


Éxito das compañías teatrais de Infantil e 2º de Primaria nas representacións que levaron a cabo no Centro durante o mes de maio. Parabéns.

 


PREMIO

 

Imaxe da obra premiada no "IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell" da alumna de 5ºB Samantha Rodríguez González, dentro da categoría colaxe. Noraboa.

 

 

 


CONCURSO

Alumnado de 4ºB que recibiu diploma pola súa participación no concurso de pintura infantil  dentro das "XIX Xornadas arredor da Camelia", organizadas polo Concello de Vedra.

 

 


ÉXITO DO ALUMNADO DO RAMÓN CABANILLAS NO CERTAME "UN MUNDO DE COR", ORGANIZADO POLA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN

 

Entrega de premios da 2ª edición do concurso “Un mundo de cor”

Xov, 19/07/2012 - 13:17

A sede do Consello Escolar de Galicia foi o escenario da entrega dos nove premios correspondentes á II edición do concurso “Un mundo de cor”.
O acto  foi presidido polo subdirector xeral de Inmigración e Retorno, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, acompañado do subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Vila López.

As gañadoras foron:

Primeira Categoría (alumnado de 1º a 3º de Primaria):

  • 1º premio: Shital González, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 2º premio: Lucía Fernández, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 3º premio: Alicia Mialache, do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense.

Segunda Categoría (alumnado de 4º a 6º de Primaria):

  • 1º premio: Paula Noya Mourullo, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 2º premio: Helena Fajín Riveiro, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 3º premio: Yiling Liu do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

Terceira Categoría (alumnado da ESO):

  • 1º premio: Nuria Gómez Pérez, do CPI Covaterreña de Baiona.

  • 2º premio: Mariya Ilieva Palikarska, do IES Carlos Casares de Vigo.

  • 3º premio: Laura Vidales Fernández, do CPI Covaterreña de Baiona.

Enlace coa web da Secretaría Xeral de Emigración, para ampliar nova.


XOELIKI


O comic de Xoeliki, feito e protagonizado pola clase de 5ºB, está publicado na páxina web dos autores do libro.

Grazas, Abraham.

 

Accede picando na imaxe.

 

 


ENTREGA DE PREMIOS

Enlace ao video orixinal (minuto 6:50)

Entregados os premios aos gañadores do concurso de debuxo do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Paula Noya Marullo, de 11 anos e de 5º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas, foi a triunfadora na modalidade de 9 a 12 anos.

 

 

Enlace á noticia e fotos na web do Concello

 


sentímolo, flash non está dispoñible.

PREMIO

 

Paula Noya, de 11 anos e de 5º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas, foi a triunfadora na modalidade de 9 a 12 anos no concurso debuxos que ilustrarán o cartel do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela
NORABOA!


ENLACE

 

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut