Skip to Content

GRADUACIÓN

                            GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º

Onte día 22 de xuño despedimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria

Foi un momento moi emotivo para eles pero temén para todos nós .

Bótaremosvos moito de menos!

ATA SEMPRE. 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/23

CIRCULAR INFORMATIVA PARA A SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/2023

Presentar en secretaría o anexo correspondente antes do 8 de xullo.

RELACIÓN DE RUTAS E PARADAS

 RUTA DE ANGROIS:.....................VER MAPA

 RUTA DE PONTEPEDRIÑA:............ VER MAPA

 RUTA DE SAR:............................ VER MAPA

Boletín de novidades para o verán

O Equipo de Biblio Furelo achégavos o boletín de novidades para o verán: unha guía para animar aos máis cativos da casa a continuar coa lectura no tempo de lecer. 

 

Non deixes de visitar o noso blog para máis información sobre a biblio

Recoñecemento ao traballo literario do alumnado de sexto curso

Neste curso escolar 2021/ 22, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha serie de concursos literarios obtendo moi bos resultados.

 

No certame 2022 das Letras Gazafellas, recibiu unha mención a alumna Antía Díniz Lago, na categoría de relato curto co conto titulado : “Os biosbardos”.

 

E no V concurso de microrrelatos “RELATOS.GAL” (iniciativa da Real Academia Galega) o terceiro premio foi para Ximena Landeira Lista coa historia “A mosca viaxeira”.

 

No XVII concurso de relato curto “Somos capaces” organizado pola asociación Aspamite, o terceiro premio foi para Nerea Espiño Cancela coa historia ilustrada “Manuel e os seus Amigos”.

 

PARABÉNS!!!

 

MATRICULA ALUMNADO CURSO 2022-2023

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO,  xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
  • Cuestionario uso da lingua.
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • 2 fotos tamaño carné

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

Aprendendo con Carracedo

CONCIENCI – T

 

CHARLA CO DR A. CARRACEDO

O día 8 de xuño o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas, tivo a gran oportunidade de coñecer ao doutor Carracedo. Foi unha experiencia incrible e agradecemos moito que sacara un oco da súa axenda para poder acompañarnos este día.

Primeiro, explicounos, que para ser investigador hai que preguntarse cousas que ninguén pensaría, adicarlle moitas horas e, sobre todo, disfrutalo moito.

Tamén nos ensinou como se desarolla o cancro, como era o noso ADN e a sacalo dunha fresa cun experimento caseiro e explicounos como mover un papel na auga sen tocalo nin soprar.

 

Pasámolo moi ben todos e aprendimos moitas cousas que nos sorprenderon e nos servirán para o futuro.

 

Recollendo a colleita

A pandemia parece que paralizou o mundo. Pero desde o CEIP Ramón Cabanillas queremos animarvos a continuar. Por iso, ainda que xa rematou por este ano o noso proxecto Voz Natura no horario lectivo, convidámosvos a seguir.

Podedes poñervos en contacto para organizar quedadas no verán e achegarvos ao centro educativo para recolleitar e continuar coas labores de Hortalízate.

Isto foi o que deu de si. Vémonos no verán?

Batucada 2022

Mostra da gran Batucada do alumnado de 6º

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

* O LIBRO DE COMPRENSIÓN LECTORA DE 1º DE PRIMARIA DÉBESE AGARDAR A MERCALO A QUE O SOLICITEN AS MESTRAS E MESTRES CANDO COMECE O CURSO.

UNHA PAISAXE EN CADA PASO

11 De xuño 2022.Xornada de convivencia de 5 anos B coas súas familias.

Grazas a asociación "Camiño dos faros" por este día tan especial.

 

 

Concurso Educación Viaria

       

 

Saída a granxa

O xoves dous de xuño, o alumnado de sexto de Primaria fomos de visita á  granxa Perfecto S C no concello de Mazaricos.

É unha explotación gandeira con máis de 700 vacas, que loita por diminuir o máximo posible o impacto da contaminación medioambiental. 

Aprendimos moito e pasámolo xenial.

Saída de 3º e 4º ao camping Fieitas

FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2022 - Florencio Delgado

Hoxe, 25 de maio, celebramos no CEIP Ramón Cabanillas o día das Letras Galegas.

Fíxose a entrega de premio do concurso de de DEBUXO (organizado pola ANPA) que convertemos en chapas.

Da man do noso alumnado de sexto (A e B) coordinados por José Luís, todas e todos gozamos cos xogos tradicionais galegos.

Grazas ao apoio do grupo folclórico no que colaboran pais e alumnado do noso centro bailamos ao son da muiñeira e do paso dobre.

Grazas ao alumnado que, co seu comportamento é, unha vez máis, exemplo a seguir para a Comunidade Social que entre todas e todos construimos día a día.

A nosa Horta - Segunda parte da súa rehabilitación

Continuamos dando VIDA e cumprindo cos ODS 2030 que nos pide a ONU para lograr a sustentabilidade do mundo.

Grazas a Luz que coordina a profesorado e alumnado, grazas a estes que se implican voluntariamente a través da profe Cris, imos avanzando, pouquiño a pouco.

 

 

 

Agracedemento ao alumnado en prácticas

Este ano graduamos ao alumnado en prácticas da UVigo e máis da USC que por segundo ano consecutivo elixiron o noso "complexo" centro para aprender e ensinar a través das súas experiencias.

Agardamos que a súa aprendizaxe continúe sempre e que, dentro de nada, os volvamos ver polo noso centro, entón convertidos en colegas de profesión.

Grazas a todas e todos.

Julio (EI), Marcos (EP), Diego (EP), Laura (EP), Helena (EP), Juan José (EP), Laura (EP), Paula (EP), José (EP) e Piñeiro (EP).

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23. O prazo empeza o 19 de maio e remata o 22 de xuño de 2022 (incluído)

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2022/23. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Máis información: Web Consellería            ANEXO I/ANEXO II    

O CEIP Ramón Cabanillas tamén participa... E Ti?

Letras Galegas 2022

 Podcast 2º B  

Podcast 6ºB. 

Radio Furelo

 

INFORMACIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

Saída ao Camping Fieitás - O Grove. Saída 5º e 6º EP

 O pasado martes 10 de maio, o  alumnado de 6º e 5º de E.Primaria fixeron unha saída de lecer ao cámping de Os Fieitas en o Grove.

Gozaron dunha xornada moi divertida, aproveitando ese marabilloso entrono: fixeron cabanas no monte, compartiron un xantar cos amigos as sombras das árbores e divertidos xogos na praia onde tamén repuxeron folgos antes de voltar a casa.

Foi un día estupendo, xa había ganas de pasar un día así cos amigos e amigas.

 Fai clic enriba da foto.

Distribuir contido


by Dr. Radut