Skip to Content

Celebra coas Tanxugueiras o Día Internacional da Lingua Materna

Desde o CEIP Ramón Cabanillas, facemos eco deste evento: Día Internacional da Lingua Materna

  • Entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo
  • O evento dura sobre unha hora
  • Data: 20 de febreiro, ás 11.30 h. é importante que veñas antes, para non quedarte fóra.
  • Lugar: xardín do teatro da Cidade da Cultura

Este ano, a Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Lingua Materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. 

As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.

Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego.É un acto de entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo e, por tanto, aberto a todos os nenos e nenas que desexen asistir e ás persoas acompañantes.

Actividade organizada pola Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización LingüísticaSecretaría Xeral de Política LingüísticaConsellería de Cultura, Eudación e Universidade

 



page | by Dr. Radut