Skip to Content

SAMAÍN 2011


EXPOSICIÓN DE CABAZAS
As cabazas expoñeranse o venres, 28 de outubro, na entrada do Colexio. Os nenos/as poderán traer as súas cabazas a partir do mércores 26.
SEMANA DA LECTURA FANTÁSTICA
A temática do medo será a protagonista. Na entrada da biblioteca organizarase unha exposición con libros sobre ese tema clasificados por ciclos.
CONTASCONTOS DE MEDO
As aulas poden preparar un conto e ir lerllo a outras durante esa semana
EXPOSICIÓN "OS NOSOS MEDOS"
Con todos os traballos realizados sobre a emoción e o medo ( debuxos, contos,..) elaboraremos o "Libro do Medo"



page | by Dr. Radut