Skip to Content

Curso 2013/14

OBRAS DE TEATRO

Selección de pezas teatrais e contacontos representados entre o alumnado  ao final de curso.

 

 "A Cebra Camila" Infantil 4 anos A  "As Cores" 1ºA  "A Partes Iguais" 1ºB 
 
 "Sambalêlê" 3ºA "Cucú, Trastrás" 3ºA "Imos cazar un oso" 3ºA

MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES CURSO 2014/15

 Ábrese un prazo de presentación entre os días 20 e 30 de xuño de 2014 (ambos os dous incluídos), para a solicitude dos Servizos de Comedor e de Madrugadores en calquera dos seguintes centros de educación infantil e primaria públicos de Compostela: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

 _ O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto, acompañado da documentación solicitada, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou nos Rexistros auxiliares do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo) e do CERSIA (Avda. Alcalde Raimundo López s/n), e os sábados só no Rexistro Xeral, en horario de 9 ás 14 horas.

 Xunto coa folla de matrícula deberá achegar a ficha de facturación da empresa SERUNIÓN aos efectos de domiciliación dos pagos, única forma de pago establecida.

 

Máis información e documentación:

http://www.santiagodecompostela.org/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#2688

 

REUNIÓN E. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2014-2015.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o día 26 de xuño ás 11:30 horas no Colexio.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 20 ao 30 de xuño.

FIN DE CURSO

 

Acto de entrega de diplomas e despedida da promoción de 6º de Primaria.

Animación E. Infantil

AGRADECEMENTO

O Video "Nas miñas mans" obtivo o 2º posto na votación do público do concurso de video-creación do DLG do Concello de Santiago.

Papis/mamis, compañeiros/as, familiares, amigos/as, coñecidos e non coñecidos.

A todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración e apoio.

Un agarimo moi especial para os meus alumnos/as de 3 anos B por ser uns campeóns.

GRATUIDADE SOLIDARIA 2014/2015

Publicada no DOG (30/05/2014) a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2014-2015

O prazo de solicitude será desde o 2 de xuño ata o 2 de xullo para o alumnado de primaria e de educación especial; do 25 de xuño ao 28 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e do 2 setembro ao 2 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria. Toda a información e as solicitudes pode atoparse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia.

ENLACE 

HORTO ESCOLAR (II)

Pasados dous meses despois de plantar e coidar as verduras e hortalizas o mesmo alumnado de 5º de primaria fixo a súa recolleita.

O RECENDO DAS CLEMENTINAS

AUGA DOCE

Os escolares  de 1º a 5º de primaria realizaron uhna saída didáctica á Cidade da Cultura para ver á exposición "Auga Doce". Percorreron o espazo a través dun xogo no que, como protagonistas, tiñan que buscar pistas sobre o uso sostible da auga, converténdose finalmente en Rescatadores. Nas imaxes vese o grupos de 4º e 3º.

ENTREGA PREMIO

No festival e acto de clausura das actividades de Voz Natura celebrado en Acea de Ama foi entregado o premio da provincia de A Coruña ao CEIP Ramón Cabanillas polo seu traballo sobre a recuperación das brañas do Sar.

EXCURSIÓN 2º CICLO

Saída extraescolar dos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria á cidade de A Coruña visitando: a Casa das Ciencias, a Torre de Hércules e o Muncyt Coruña (Museo de Ciencia e Tecnoloxía)

PREMIO

O Comité Científico do Programa Mediombiental "Voz Natura" concedeu o Premio Provincia de A Coruña ao noso Centro polo traballo realizado baixo o título "Salvemos o Río Sar e as súas brañas".

O premio será entregado o sábado, 7 de xuño, no Parque Deportivo de Acea de Ama, Culleredo.

PARABÉNS A TODAS E TODOS!       

<<<Ligazóns coa nova publicada e a reportaxe do xornal "La Voz de Galicia">>>

PLANTANDO

Plantando é un proxecto realizado en Educación Infantil que consiste en plantar flores usando zapatos vellos como macetas, unha forma de plantar e reciclar. Con todos esos zapatos decorados montouse unha exposición no Colexio.

SAÍDA 1º CICLO

Saída extraescolar  de 1º e 2º de Primaria ao Centro Apípolis en Xeve (Pontevedra), para experimentar os coñecementos adquiridos no Cole sobre as abellas e das que podedes ver a súa exposición máis abaixo. 

EXPOSICIÓN

Convidámosvos a realizar un percorrido virtual pola exposición sobre o mundo das abellas que se atopa no corredor do 1º Ciclo de Primaria

EXCURSIÓN 3º CICLO

Saída do alumnado de 5º e 6º de Primaria pola zona do Barbanza visitando Porto do Son (Museo da Memoria Mariñeira), o Castro de Baroña, o Miradoiro da Curota, a Praia de Cabío e o Dolmen de Axeitos.

LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014, adicado a Xosé Mª Díaz Castro, saímos ao patio, bailamos temas da música galega e cantamos  a canción  "Meu o mundo é" de  Paco Nogueiras.

CASA DAS CIENCIAS

Saída extraescolar para visitar a Casa das Ciencias e Planetario de A Coruña polo grupo de Educación Infantil de 5 anos o 5 de maio.

 

"NAS MIÑAS MANS"

Pequena historia inventada sobre unha pomba que durme na escuridade e quere buscar a luz para levar a PAZ ao mundo. Os nenos/as guiarana por un labirinto de mans brancas para que así poida atopar a claridade.

Educación Infantil 3 anos B

 

Distribuir contido


by Dr. Radut