Skip to Content

Complementarias

CELEBRAMOS O MAGOSTO (2ª parte)

O día 11 de novembro día de San Martiño o CEIP Ramón Cabanillas celebrou o magosto. Leváronse a cabo xogos populares, nos que ademáis da colaboración do profesorado e alumnado, tivemos tamén a axuda do profesorado de prácticas e o alumnado de sexto de Educación Primaria. Tamén queremos agradecer a colaboración da ANPA xa que asaron as castañas para a súa degustación. Foi un día de diversión e aquí vos deixamos unha pequena mostra dese día.

Renovación Parcial do Consello Escolar 2022

Convídase ás/aos nais/pais/titores e titoras legais que así o desexen a participar como membros electos do Consello Escolar do CEIP Ramón Cabanillas, que debe proceder á renovación parcial dos seus membros, segundoa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Para participar nesta elección deben cumprimentar o documento anexo e entregalo antes do peche do centro educativo o día 15 de novembro  de 2022.

Poden facelo en persoa, na conserxería do centro en horario de 9 a 14h ou de 16.30 a 18.30h ou envialo ao correo do centro: ceip.ramon.cabanillas@edu.xunta.gal á atención da dirección do centro.

Grazas por participar neste órgano tan importante para o adecuado funcionamento do centro educativo.

 

Magosto 2022

O 11 de novembro de 2022  tivo lugar o magosto no CEIP Ramón cabanillas.

O alumnado de 6º desenvolveu actividades de monitor/a nas que colaboraron e contribuiron a que o resto de alumnos/as gozaran dunha xornada de xogos populares. Estes xogos foron preparados nos días anteriores coa colaboración do profesorado de Educación Física.

As familias, a través da ANPA, colaboraron no tradicional asado de castañas.

Agradecemos a colaboración de todo o profesorado no desenvolvemento desta actividade tan especial de convivencia escolar.

 PINCHA NA IMAXE PRA VER A GALERÍA DE FOTOS

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE PRIMERO. SEGURIDADE VIAL

O alumnado de primeiro de Educación Primaria realizou o venres 4 de novembro unha saída didáctica a cargo da Policía Local para realizar unha actividade práctica de Educación Vial. 

TEMPO DE SAMAÍN NO CEIP RAMÓN CABANILLAS

Fai uns días disfrutamos do tempo do Samaín, tempo de comezo das celebracións típicas do outono. Pantasmas. esqueletos, bruxas, monstros, libros, contos, contacontos...chegaron ao Ramón Cabanillas para facernos pasar medo. Aquí vos deixamos un resumo do que aconteceu neses días. 

 cicka aquí ou na imaxe para ver o vídeo

A horta escolar no VERÁN

No verán a HORTA ESCOLAR non para. Grazas a colaboración de Luz Eyo (Hortalíza-T) convidamos a todas as familias que o desexen a disfrutar da horta, colaborar no seu mantenemento e recoller os froitos ben merecidos, despois de xornadas de traballo colaborativo.

Grazas por formar parte!

 

 

Boletín de novidades para o verán

O Equipo de Biblio Furelo achégavos o boletín de novidades para o verán: unha guía para animar aos máis cativos da casa a continuar coa lectura no tempo de lecer. 

 

Non deixes de visitar o noso blog para máis información sobre a biblio

A nosa Horta - Segunda parte da súa rehabilitación

Continuamos dando VIDA e cumprindo cos ODS 2030 que nos pide a ONU para lograr a sustentabilidade do mundo.

Grazas a Luz que coordina a profesorado e alumnado, grazas a estes que se implican voluntariamente a través da profe Cris, imos avanzando, pouquiño a pouco.

 

 

 

O CEIP Ramón Cabanillas tamén participa... E Ti?

Saída ao Camping Fieitás - O Grove. Saída 5º e 6º EP

 O pasado martes 10 de maio, o  alumnado de 6º e 5º de E.Primaria fixeron unha saída de lecer ao cámping de Os Fieitas en o Grove.

Gozaron dunha xornada moi divertida, aproveitando ese marabilloso entrono: fixeron cabanas no monte, compartiron un xantar cos amigos as sombras das árbores e divertidos xogos na praia onde tamén repuxeron folgos antes de voltar a casa.

Foi un día estupendo, xa había ganas de pasar un día así cos amigos e amigas.

 Fai clic enriba da foto.

Saída 1º e 2º de primaria - Os Museos de A Coruña

Pendente de reseña

Aceso ao álbum de fotos 2º

Aceso ao álbum de fotos 1º

 

 

                            

Visita de profesores do conservatorio ao noso cole

O 26 de abril visitaron o noso centro, unha representación do profesorado do conservatorio de Santiago.

Os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria quedaron encantados e con ganas de ir matricularse nalgún instrumento

 

CANS NO COLE

   O martes 19, o mèrcoresB20 e o xoves 21 de abril,

    o alumnado do CEIP Ramón Cabanillas recibíu a 

  visita dos cans da asociación "So lles falta falar"

  A actividade consistíu en dar a coñecer as importantes

  tarefas que levan a cabo.. Son cans de traballo que se 

adican á procura de persoas desaparecidas, cans de asistencia

para persoas con necesidades e cans de apoio terapéutico.

Ademáis, o alumnado tivo a opotunidade de peitealos, acariñalos

e pasealos polas instalacións da escola.

 

Comezamos a celebración do LIBRO

 

Esta semana con motivo da Semana do Libro, que durará unha quincena.

Queremos animar ao alumnado desde todas as aulas á lectura. Neste caso a proposta do equipo de Biblioteca (apoiado pola dinamización da lingua galega) fixo un chamamento ao alumnado de 6º que participa de colaborador/a de biblioteca e que a puxo a andar, neste curso tan complicado, temos que dicir que a colaboración foi tal, que temos que deixar algún contacontos para Maio, con motivo das letras.

Así o alumnado de 6º está indo polas aulas de infantil para contar un conto. Esta é unha ilustración deste primeiro día.

Grazas rapaces e rapazas, sen vós: nós non somos.

Non deixes de ver que máis cousas preparamos nos documentos adxuntos: Calendario e Programa.

 

Cans no CEIP Ramón Cabanillas

Con motivo da CIENCIA os grupos de 2º curso de EP conxuntamente co equipo de extraescolares concordaron esta actividade á que todo "o mundo" do centro se animou a participar. Desde Infantil, as impulsoras da iniciativa ata 6º curso. 

Mañá remata o evento, pero queremos deixar aquí unha breve reseña, que pronto será escrita con material sobre a asociación que nos visitou e as formas de colaboración que temos. Sobre todo, no interese que pode ter, no caso de que sintamos a necesidade de que un can entrenado poida coidar de nós.

De momento, unhas imaxes ilustrativas.

A nosa horta escolar. Os inicios...

A horta da escola sitúase no recreo ao lado das escaleiras. O 23 de marzo, Luz, que nos axudou, explicounos cales son as cosas necesarias da horta, como sachar para que esté aireado o solo, as cores que ten (máis claras, máis escuras)...

Vimos as diferentes ferramentas que se usan ainda que, principalmente, traballamos o primeiro día co sacho.

Para min é importante traballar en hortas porque axudamos ás plantas a crecer mellor, coa terra adecuada, aireada e sen moitas rochas.

Ao principio, cando eu sachaba, non facía moita forza para non romper o sacho, pero logo Luz díxome que hai que facelo con algo de forza e agarrándoo sempre un pouco atrás, e xa empecei a facelo mellor.

Locus amoenus. (:)

Aquí temos unhas recomendacións de Luz para as seguintes tarefas.

A ver se para de chover.

 

Primeiros días na horta da nosa escola

O pasado mércores 23 e 24 de marzo, varios grupos-clase, achegámonos a horta xunto con Luz, unha chica que nos axudou moito a organizarnos e ademais ensinounos moitas cousas: coller o sacho, a pose de sachar, etc.

Primeiro, Luz explicounos de que estaba composta a horta e que era necesario para mantela. Tamén nos contou que xunto coa AMPA anos atrás axudaron a manter a horta que está nas Brañas. Despois, organizounos en  tres grupos chamados “braña”,”sar” e “sacho” para asinarnos un terreo para traballar. Cando terminamos de sachar e recoller pedras, raíces e miñocas tivemos que botar abono coas mans, e rastrelar o chan para deixalo uniforme.  Fixemos un baile para sacar a terra dos pés. Pasamos a vasoira e ao final quedou máis sucio!

Pareceume un día interesante por todo o que aprendín.

Grazas Luz!!!

  Amorodo (alumna de 6ºB)

SOLIDARIEDADE. Recollida de roupa e calzado usado. Proxectos de Global Humanitaria en India

Estimadas familias,

O CEIP Ramón Cabanillas convida a comunidade educativa a participar nesta iniciativa solidaria de recollida de roupa e clazado usado.

Para isto recibirán unha bolsa na que poderán introducir este material solicitado, que se atope en boas condicións de uso.

Quen o desexe pode depositar as bolsas co contido na conserxería do centro educativo, dando aviso a Maricarmen (a nosa conserxe).

ANTES do Día 31 de marzo de 2022.

Moitas grazas por colaborar.

ENTROIDO 2022

A semana do 21 ao 25 de Febreiro no CEIP Ramón Cabanillas celebramos o Entroido. O martes 22, mércores 23 e xoves 24 o alumnado veu ataviado co que lle encomendou o Meco e o venres 25 organizamos no recreo a festa.

Este curso, a temática do colexio é a ciencia, polo que a maioría do alumnado veu disfrazado de científico/a, ainda que algúns optaron por outros disfraces moi divertidos.

Pincha na imaxe para ver máis...TAMÉN PODEDES DISFUTAR DUN FERMOSO VIDEO 

Celebra coas Tanxugueiras o Día Internacional da Lingua Materna

Desde o CEIP Ramón Cabanillas, facemos eco deste evento: Día Internacional da Lingua Materna

  • Entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo
  • O evento dura sobre unha hora
  • Data: 20 de febreiro, ás 11.30 h. é importante que veñas antes, para non quedarte fóra.
  • Lugar: xardín do teatro da Cidade da Cultura

Este ano, a Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Lingua Materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. 

As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.

Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego.É un acto de entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo e, por tanto, aberto a todos os nenos e nenas que desexen asistir e ás persoas acompañantes.

Actividade organizada pola Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización LingüísticaSecretaría Xeral de Política LingüísticaConsellería de Cultura, Eudación e Universidade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut