Skip to Content

Complementarias

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Teatro Principal para asistir á proxección da serie de curtametraxes "Criaturas" dentro da programación da 16ª edición do "Festival Curtocircuito 2019"

VISITA AO CITIUS

Visita de 6º de primaria ao Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías da Información da USC.

Na aula tamén xogamos coa ciencia e a tecnoloxía.

 

PREMIO

Lucas Lameiro Montero de 4ºB resultou premiado cunha bici no III Concurso de Debuxo sobre Educación Viaria organizado pola Policía Local de Santiago. Á gala de entrega de premios acudiron as dúas aulas de 4º que participaron no concurso.

http://policialocal.santiagodecompostela.gal/novas.php?id=18635&idioma=&sec=12

EXHIBICIÓN

Os nenos e nenas de 3º e 5º vivimos unha interesante experiencia no estadio Verónica Boquete coa Exhibición de unidades especiais da Policía Nacional.

CONCURSO EDUCACIÓN VIARIA

O xurado do 3º Concurso de debuxo de ed. viaria organizado pola Policía Local de Santiago xa ten tres traballos elixidos, o cuarto será elixido segundo a votación na súa páxina de Facebook onde están subidos os debuxos que optan a este premio, un deles é de Lucas Lameiro de 4ºB do noso Colexio, o prazo de remate da votación é o domingo ás 23h.

Vota por Lucas!!

https://es-es.facebook.com/compostelaviaria/

SAÍDA A MARCELLE

Saída de fin de curso ao Parque Natutral de Marcelle en Outeiro de Rei.

1º e 2º 3º e 4º

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Acceso ás imaxes da excursión de 6º de primaria que as titoras irán actualizando ao final do  día.

FOTOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

I M A X E S   D A  C A M I Ñ A T A  D O  2 4   D E  M A I O

CAMIÑO DE SANTIAGO

 

O vindeiro venres 24 percorreremos unha etapa do Camiño de Santiago Sanabrés ata chegar á Praza da Quintana.

Circular enviada ás familias cos distintos horarios, tramos e grupos.

CHARLAS DAVID CHAO

O profesor da Facultade de Historia da USC e pai de Tomás de 5ºB, David Chao, ofreceu ao alumnado de 4º a 6º de primaria unhas charlas didácticas sobre o tema que tratamos ao longo do curso,  o Renacemento e a Idade Moderna. Grazas por axudarnos a distinguir os distintos movementos artísticos.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída da aula de 6ºA á sede da Fundación Granell

Deste xeito, mergullámonos na vida e obra de Eugenio Granell, ligado ao “bando republicano” na Guerra Civil española, a temida dictadura, a súa fuxida a Francia, o seu exilio e a súa posterior vida nas Américas, ata que regresa a Santiago, en plena democracia.
Ademáis dunha amena charla, Eduardo López e os seus colaboradores permitíronnos gozar co obradoiro de arte surrealista, a través do debuxo dos nosos soños e un traballo cooperativo titulado: “cadáver exquisito”. Graciñas.

LEONARDO DA VINCI

Visita á exposición sobre Leonardo da Vinci no Espazo Cultural de S. Martiño Pinario, organizada por Spacio Natura e La Voz de Galicia.

1º e 2º PRIMARIA 3º e 4º PRIMARIA 5º e 6º PRIMARIA

CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

XIX Campaña de Animación á Lectura organizada polo Concello e a Editorial Kalandraka no Auditorio de Abanca na Praza de Cervantes.

1º curso de primaria 5º curso de infantil

VISITA AO CITIUS

Alumnado de 5º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas visitando o Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías da Información da USC

 

2 DE ABRIL

Conmemoramos no Cole o "Día Mundial da Concienciación do Autismo"

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita á sede da SGAE polo alumnado de 2º de primaria onde asistiron á proxeccíón do filme de animación "Maimiño".

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o Día da Árbore 2019 os alumnos e alumnas de Infantil ata 4º de primaria plantaron, en colaboración co Concello, 190 árbores no espazo ao carón co Colexio: loureiros, acivros, espiños, abeleiras, cerdeiras e sangomiños.

SESIÓN DE CINE

Na Sala Numax proxectouse a película checa de animación "As Aventuras da Toupiña" para 1º de primaria.

CHARLA SAÚDE BUCO-DENTAL

A odontóloga Lucía Lago Méndez (nai de Antía e Noa) impartiu unha charla ao alumnado de 1º de primaria sobre saúde e hixiene buco-dental dentro do programa  "Sonrisas Brillantes, Futuros Brillantes" e queremos agradecelle a súa participación.

ENTROIDO 2019

VENRES, 1 DE MARZO

CIRCULAR INFORMATIVA

GALERÍA DE FOTOS
Distribuir contido


by Dr. Radut