Skip to Content

Complementarias

PROGRAMA USC

Seguindo co Programa da USC de "Igualdade de xénero" a profesora Paula López Martínez, do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora do CITIUS, impartiu ao alumnado de 4ºB a charla-obradoiro "A programación é cousa de nen@s"

CONTACONTOS

Na biblioteca do cole Celtia Figueiras, unha das compoñentes da compañía de monicreques "A Xanela do Maxín", contou as historias de "Os libros da titiriteira" aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º.

EXCURSIÓN

Saída de 3º e 4º de primaria a Fervenzaventura en Abades (Silleda) onde disfrutaron dun día de actividades ao aire libre.

 

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE O PLANETA

Clase didáctica impartida pola nai de Noa, a profesora Almudena Hospido  do departamento de Enxeñería Química da USC, ao alumnado de 4ºA para a concienciación de emisións de CO2 e dentro do programa da Universidade de igualdade de xénero "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"

EXCURSIÓN

Excursión de 1º e 2º ao centro de actividades da natureza Fervenzaventura en Silleda onde practicaron escalada, tirolina, tiro con arco e estiveron na granxa dos animais.

EDUCACIÓN VIAL

Xornada de educación vial para o alumnado de 5º de primaria organizada pola Policía Local no parque infantil de tráfico instalado en Amio.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita didáctica do alumnado de 6º de primaria á factoría Dairylac en Melide para coñecer o mundo das cooperativas.

Saída promovida pola Consellería de Medio Rural.

CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Saída do alumnado á Galería Sargadelos para participar na Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Concello e a Editorial Kalandraka, adicada neste ano ao libro "A Horta de Simón".

6º ED. INFANTIL 1º ED. PRIMARIA 2º ED. PRIMARIA

SAÍDA DIDÁCTICA

EDUCACIÓN VIAL

Actividade de educación vial para o alumnado de 6º de primaria no parque infantil de tráfico instalado en Amio.

CLASE DIDÁCTICA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

"Quén é quén: Os instrumentos que viven na Escola de Música" é un ciclo de sesións para os centros de ensino de Santiago. O martes 13 de marzo realizouse no centro unha clase didáctica da modalidade guitarra eléctrica e percusión para 1º de primaria co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos.

EDUCACIÓN VIARIA

Alumnado de 6º de Infantil participando nunha xornada de educación viaria organizada pola Policía Local no noso Centro.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018

ENTROIDO 2018

 VENRES, 9 DE FEBREIRO

CIRCULAR

GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO DIDÁCTICO

Asistencia doa alumnos/as de 4º de Primaria no Auditorio de Galicia, a cargo da Compañía Píscore, ao "Concerto Singular".

COMPOSTAXE

Segunda xornada de formación para o alumnado de 4º de primaria e observación  dos composteiros instalados no patio.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída ao Auditorio de Galicia do alumnado de 5º e 6º para asistir ao concerto didáctico "Todo é percusión" de música, danza e teatro polo grupo "Dúas e Exire"

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita do alumnado de 3º de primaria, organizada pola Catedral de Santiago, á Exposición sobre O Mestre Mateo. Logo realizaron un obradoiro montando unha maqueta do Pórtico da Gloria.

APALPADOR

 

Unha vez máis visitounos por estas datas O Apalpador.

RECICLAXE

Actividade de reciclaxe organizada polo Concello para 3º e 4º de Primaria. As charlas e obradoiros foron impartidos por membros da "Tropa Verde".

Distribuir contido


by Dr. Radut