Skip to Content

Complementarias

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída didáctica do alumnado de 2º de primaria á Galería Sargadelos para a participación na "XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura. Unha última carta" organizada polo Concello e Kalandraka Editora.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída didáctica do alumnado de 6º de infantil á Galería Sargadelos para a participación na "XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura" organizada polo Concello e Kalandraka Editora.

UNHA MAÑÁ EN BELVÍS

Actividade de educación ambiental organizada por Ferrovial, a USC e o Concello no CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela)

3ºA (20 de marzo) 3ºB (21 de marzo) 4ºA (6 de abril)
   
4ºB (27 de marzo) 5ºA (28 de marzo) 5ºB (29 de marzo)

EDUCACIÓN VIARIA

Actividade didáctica da Policía Local para 5º de Ed. Infantil. A mascota Moito Olliño viaxou ao cole para unha xornada de educación viaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

O alumnado de 6º curso de primaria asistiu no Auditorio de Galicia a un concerto didáctico "Invención" de Odaiko Percussion Group.

 

CHARLA SAÚDE BUCO-DENTAL

As nenas e nenos de primeiro A e B queremos ter os dentes brancos, porque, como ben nos amosou Lucía (a nai de Antía e Noa):
"Cun soriso brillante teremos un futuro brillante". 
Amosounos como son os nosos dentes, e díxonos cantos temos (aos 6 anos) e cantos podemos chegar a ter (na idade adulta). 
Explicounos a importancia de coidalos, co que comemos, cando o comemos e co seu cepillado. Desmentiu algún mito.
Gustounos moitísimo que nos deixara practicar a ser odontólogas e odontólogos... algunha e algúnsxa estamos a sentir vocacións tempranas.
Xogamos a " mira quen sorrí" e descubrimos que, as persoas e os debuxos que máis nos gustan, se limpan os dentes.

Moitas grazas, Lucía.

ENTROIDO 2017

VENRES, 24 DE FEBREIRO

 

CIRCULAR

ÁLBUM DE FOTOS 

ENTROIDANZAS

Saída didáctica do alumnado de 4º de primaria ao Centro Sociocultural Santa Marta, actividade organizada polo Auditorio de Galicia e impartida polo grupo de Danza "Pesdelán". Participaron nunha sesión interactiva sobre as Entroidanzas.

GRABACIÓN

O alumnado de 3º de primaria participou no Cole dunha xornada de grabación para un programa especial do Xabarín Club da TVG cos "Bolechas"

XORNADA ED. VIARIA

Planificada pola Policía Local, o 9 de febreiro houbo unha xornada de ed. viaria no Recinto Feiral de Amio á que asistiron os dous grupos de 6º de primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

Organizado pola Fundación Abanca o alumnado de 6º de Infantil asistiu o 8 de febreiro ao Auditorio Abanca á representación da Obra  "Osiño"

BAILE

Para preparar a saída que o alumnado de 4º de primaria vai realizar o 21 de febreiro ao Centro Sociocultural Santa Marta, achegouse ao Ximnasio unha compoñente do grupo de Danza "Pesdelán" e participaron dunha sesión didáctica sobre as Entroidanzas.

MURAL POLA PAZ

SAÍDA

Organizado polo Auditorio de Galicia, o alumnado de 2º de primaria acudiu á representación da compañía de títeres Cachirulo "O libro da Selva" no Teatro Principal. Antes poideron ver unha fermosa exposición. Esta actividade terá unha continuación no Colexio xa que a mesma compañía desprazarase para realizar unha sesión didáctica ao mesmo alumnado.

SAÍDA DIDÁCTICA

Percorrido histórico de 6º de primaria pola cidade co obxectivo de identificar os principais períodos históricos presentes na configuración da cidade. Programa do Concello "Vivir Santiago"

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita didáctica do alumnado de 6º de primaria á clínica veterinaria Can Cat

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Todo o Centro participou nunha experiencia para chamar a atención contra a violencia: Realizamos unha "Mancha da vergoña" que á semana seguinte quitaron representando a idea  de evitar que alguén faga dano a outros e denuncialo. Os alumnos/as de 6ºA e 6ºB realizaron unha pancarta para concienciar ao alumnado e ás familias

CONTACONTOS

Para o alumnado de 1º houbo un contacontos sobre os refuxiados no mundo de catro voluntarias de "Médicos sen Fronteiras". Tratou sobre a idea de compartir, de respectar as diferencias e incluso sacarlles partido...

MAGOSTO 2016

VENRES, 11 DE NOVEMBRO

MÁIS INFORMACIÓN

GALERÍA DE FOTOS

PASEO POLAS BRAÑAS DO SAR

En colaboración co CIAC do Concello de Santiago o alumnado de 4º de primaria realizou unha actividade para coñecer a flora, fauna e unha análise medioambiental das Brañas do Sar.

Distribuir contido


by Dr. Radut