Skip to Content

Complementarias

SAÍDA DIDÁCTICA

Dous membros da policía local impartiron unhas charlas sobre educación vial aos alumnos/as de 4º de primaria, ao remate levaron a cabo unha saída didáctica polo entorno na que practicaron os bos hábitos aprendidos e viron os riscos das malas prácticas que a xente fai a diario.

A NEOCOVA

Na nosa réplica dunha cova con pinturas rupestres do período Paleolítico, reproducimos obras descubertas en diversas grutas de España e Francia.

SAÍDA

Saída do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa do Castro de S. Cibrao de Las e ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.

SAÍDA

Saída do alumnado de 1º e 2º ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa do Castro de S. Cibrao de Las, na provincia de Ourense.

PLANTACIÓN

NO RECINTO ESCOLAR (1º E 2º)

NA HORTA MUNICIPAL DAS BRAÑAS DE SAR (5ºB)

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016

 

RECITADO DE POEMAS DE MANUEL MARÍA E ACTUACIÓN DO GRUPO "COLEXIATA DO SAR"

RADIOFURELO (6ºB)

 RADIOFURELO (6ºA)

RADIOFURELO (5ºA/5ºB)

Na semana das Letras Galegas os nenos e nenas de Atención Educativa de Ed. Infantil representaron os contos "Quen pode vencer ao vento?" e "O monstro das cores" para os seus compañeiros/as de Infantil e 1º e 2º.

O Monstro das Cores from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.

Quen pode vencer ao vento from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na galería Sargadelos estase a levar a cabo a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura coa colaboración da Editorial Kalandra.

 

SAÍDA AO PARQUE GRANELL

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela e o Museo de Historia Natural da USC, con motivo do Día Mundial da Árbore 2016, están a organizar roteiros guiados para centros de ensino.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA O que atopamos os de 5º de primaria

DÍA DA ÁRBORE 2016

P L A N T A C I Ó N A B R A Z A  U N H A  Á R B O R E

CHARLA

O alumnado de 3º e 4º de Primaria tivemos a sorte de disfrutar dunha charla moi interesante impartida por Concha Moares, nai de Sabela Torrado de 3ºB, para celebrar na data do 15 de marzo o "Día Mundial das Persoas Consumidoras". Aprendimos un montón de cousas e a partir de agora habémonos fixar máis nas etiquetas dos produtos que mercamos.

Unha vez máis, moitas grazas.

PODA

Laura Grandío, nai de Laura e Lino Andión, pai de Carla e Mauro, impartiron un obradoiro dirixido aos alumnos/as de 6º de primaria onde explicaron os tipos de poda e a posta en práctica do aprendido.

ENTROIDO 2016

SAÍDA DIDÁCTICA

 Alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria durante a visita ao Conservatorio Histórico de Santiago.

Nota de prensa

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

SAÍDA DIDÁCTICA

Alumnos /as de 1º e 2º curso de Primaria visitando a exposición "Evolución Humana, a Idade de Xeo e Dinosaurios" no IFEVI de Vigo.

CHARLA

Os pais de Roi, de 1ºB, son arqueólogos e ofrecéronnos unha entretida charla sobre os nosos xacementos prehistóricos.

Moitas grazas!!

MAGOSTO 2015

INFORMACIÓN
 

Queremos agradecer aos pais/nais a súa colaboración !!!

 

SAÍDA DIDÁCTICA

Imaxes da saída didáctica do alumnado de 3º ao Auditorio de Galicia para ver a obra "Acábate la Sopa"

Distribuir contido


by Dr. Radut