Blogues

Elaborando o Maio todos xuntos

Se pinchades enriba da imaxe veredes as fotos do proceso de elaboración do Maio.

Esta fermosa obra de arte do noso alumnado foi posible gracias á colaboración e o traballo en conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e ANPA ) deste centro así coma de membros da asociación de veciños do Casco Vello que tódolos anos veñen axudar.

 

Día das LETRAS GALEGAS 2024

O videiro 15 de maio convidámosvos a celebrar connosco o festival das Letras Galegas.
Esperámosvos!

 

 As portas abriranse ás 12:30 horas.

Baile de Fin de Curso

Comezamos os ensaios para o baile de fin de curso. Os podedes ver AQUÍ

O MEU CORPO É MEU

En  2 º EP traballamos o libro sobre " O CORPO É MEU" e fixemos un pequeno resumo de comprensión así como de interiorización de estratexias e tamén situacións e a quen hai que dirixirse cando sintamos que algo non é o correcto ou non nos gusta.

VERBAS BONITAS

A importancia de decirnos cousas bonitas, valorarnos... 

 Desde o Departamento de Orientación promóvese moito a importancia das dúas vogais , as mais pillabanas , o I e a E. As inciaias da INTELXENCIA EMOCIONAL.  Tan importante para afrontar as nosas emocións e sabelas levar e sentir da mellor maneira sen facernos dano nin tampouico facer dano aos demais.

Estas emoción temos que traballalas na aula, e no Centro. Por iso seguindo o Plan de Benestar do noso centro e as propostas da nosa Orientadora , oas/os nenas/os de 2º EP conamos un conto sobre a LINGUAXE PO0SITIVA e a actividade que se realizou foi este pequeno libro que mostro no video.

 

Participantes no concurso o Fogar de Nino

PARABÉNS RAPAZADA POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO!

 

Aquí tendes a todos os participantes coas súas maquetas "O Fogar de Nino"

Polo que podedes ver, todos os fogares eran espectaculares, polo que, decidimos agasallar a todos os nosos participantes cun diploma e detalliño personalizado.

¡Espero que vos agradara tanto coma nós os vosos traballos! PARABÉNS.

 

 

 

 

 E despois de moito debater ... a nosa gañadora foi TAMARA de 2º E.P!!

PARABÉNS TAMARA!

 

 

 

GALICLOWN.

Onte tivemos a sorte de coñecer a estes pallasos , bueno en representación de todos os que forman que son 25  persoas....

 

Veu a Doutora Pompitas!!!!!

 

O seu GPS toleou un pouco.... porque ía dirección ao Hospital "Álvaro Cunqueiro" a ver as/ aos nenas e nenos para facerlle pasar un rato entretido.... perooooo

 

Tropezou no NOSO COLE.... e antes de seguir o seu camiño e aproveitando que había un montón de nenas e nenos e nenes no cole quixo ensinarlles o que fai con outros nenas , nenos e nenes que non poden vir ao cole e teñen que estar por un tempo no hospital. 

 

A verdad que todos pasámolo  "pipa" e a Doutora Pompitas tivo a maxia de que todos nos escacharamos á risa e olvidarnos un pouco das nosas " dores". 

 

Moitas grazas a cada un dos que formades parte de GALICLOWN por facer unha gran labor cos máis pequech/as/os da casa. E ensinarnos os nosos nenes o que facedes!. 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

O día 15 de maio realizamos o desexado FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS e o

alumnado de 6º de Primaria fomos os presentadores do evento, entre poñernos

“ghuapos” e xeitosiños para ensinarlle ao mundo enteiro que no CEIP RAMÓN E CAJAL

facemos o que sexa por celebrar un día de troula, o día das Letras Galegas.

E sen esquecer ese trevo da sorte que nos regalaron un ratiño antes de comezar a

festa.  GRACIÑAS!

 

Graciñas a todos por vir e tamén a os que quixeron, pero por motivos de traballo

foilles imposible. Deixamos o vídeo da nosa actuación, xa que temos boa xente que

nos fixo o noso vídeo.

GRACIÑAS FAMILIAS!

 

 

 

E o vídeo do mural do grafiteiro LOYOLA que agradecemos que o tivese listo no último

momento para o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2024.

 

 

 

ENSAIOS PARA O FESTIVAL DAS LETRA GALEGAS 2024

 Deixovos algún documento gráfico dos ensaios para o Festival das Letras Galegas ( Festigal 2024) onde os nosos bailaríns estiveron bailando a ritmo de Mondra, a canción de Carmela. Sen perder a tradición do baile galego a ritmo modernos e con punteados clásicos.

                           

Powered by Drupal - Design by artinet