Celebramos os maios!

CELEBRAMOS OS MAIOS!

O pasado venres celebramos os maios todos xuntos no patio. Entre todos fixemos un maio moi colorido e cheo de flores.

QUERES COÑECER AS DISTINTAS EMOCIÓNS?

 

QUERES COÑECER AS DISTINTAS EMOCIÓNS?

Durante estas semanas o alumnado de 5⁰ de EP, estamos inmersos no universo das emocións. Pouco a pouco as imos coñecendo e traballamos con elas.

 

A primeira de todas foi.....A EMPATÍA!

 

QUERES COÑECER AS DISTINTAS EMOCIÓNS?

 

QUERES COÑECER AS DISTINTAS EMOCIÓNS?

Durante estas semanas o alumnado de 5⁰ de EP, estamos inmersos no universo das emocións. Pouco a pouco as imos coñecendo e traballamos con elas.

 

A primeira de todas foi.....A EMPATÍA!

 

Universo de emocións

O RETO DE FACER VISIBLE…

O INVISIBLE.

Velaquí vos presentamos a lámina do UNIVERSO DE EMOCIÓNS, tamaño 100 x 70cm, que imos traballar cos nosos rapaces e rapazas. Un punto de partida para comezar e unha valiosa ferramenta que nos permitirá comprender o mundo das emocións e navegar por el. Unha lámina bella e esteticamente atractiva de gran valor polo seu carácter didáctico.

A intención é facilitar a visualización dunha realidade inmaterial como recurso didáctico para axudar a unha mellor comprensión das emocións. Visualizar o rico mundo dos fenómenos afectivos que experimentamos no noso interior. Comparar as galaxias das emocións co universo cósmico, establecendo un paralelismo.

Confíamos que será un material útil para desenvolver as competencias emocionais do noso alumnado.

Máis de trescentas emocións recollidas neste universo representadas entre positivas e negativas.

 

Adentrarnos no propio universo de emocións! Buscar que nos pasa por dentro e poñerlle nome! Wow!

 

Noraboa

Aquí tedes a Manuel recollendo o premio polo seu traballo presentado na XIV Edición do Certame de Pintura dentro da XVIII Edición de Vigolandia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet