CREANDO OS MAIOS!

 

Hoxe levamos a cabo a montaxe do Maio do colexio, podemos dicir que quedou xenial, un traballo fermoso, coa

colaboración de todos os alumn@s do colexio. Dende os máis pequerrechos ata os máis grandiños, incluíndo aos

mestr@s.Durante varios días tocou recoller os elementos necesarios para montar o Maio. E agora toca a mellor

parte, a de traballar cos máis pequenos,os nosos compañeiros de 2º de primaria. Todos os de 6º de primaria

ensinámoslles como facer as grilandas.

E hoxe venres foi o mellor día, xa que nos tocou decorar o Maio ao noso gusto con flores de diferentes cores. 

Foi un día de festa no colexio e de moita troula!

SAÍDA AO INSTITUTO POLITÉCNICO DE VIGO

 

Hoxe foi o día para ir de visita ao I.E.S. Politécnico de Vigo, xa puidemos percorrer

algún corredor, ollar algunhas aulas, certo que non foron tantas como pensabamos,

pero dicir que foi divertido o paseiño.Xa somos grandes!

Comezamos no salón de actos, alí escoitamos aos rapaces da ESO falar sobre

cousas interesantes do instituto.

 

 

 

 

 

 

 

E a nosa Orientadora do cole acompañounos na visita para non perdernos e axudarnos

en todo momento.Graciñas!

Despois de tanto falar, chegou o momento de comezar o percorrido polos corredores

 do instituto, aulas, cafetería, ximnasio...

Primeira parada, o laboratorio, esperemos que teñamos dentro da clase de 6º de

primaria algún químico, médico, etc.

 

 

Moitos botes con líquidos interesantes para ir artellando cando os mestres do instituto

decidan baixarnos ao laboratorio a facer pequenas mezclas.

Que pode ocorrer? O curso que ven o vamos saber?

 

Segunda paradiña,toca a biblioteca que ten moi boa pinta, temos un

buzón interesante de suxerencias chamado "Desiderata", se pedimos ese libro de

lectura o instituto o compra para telo na biblioteca.  

 

 

Entre tanto paseo e percorrendo un longo corredor, paramos na cafetería en busca do

noso saco especial, facemos como os trasnos, andamos sempre argallando algo... 

 

Terceira paradiña ou mellor dito a cuarta, xa que na cafetería non houbo tempo

de fotografías por estar fedellando. Pero da aula de tecnoloxía temos algunha, dicir

que mola moito, desfrutamos ollando os escornabot e outros obxectos interensantes

que teñen nesas aulas tan grandes.

 

Que ven viña algunhas destas ferramentas para poder artellar actividades interesantes

nas clases dos maoires en primaria.

 

Quinta parada, tocou interacturar cos outros nen@s dos colexios, pero os nosos

monitores tan mozos non se aclararon na repartición de equipos e acabamos todos

xuntos, excepto un que acabou só entre tantos nen@s descoñecidos, pero soubo

solucionar o problemiña socializando con tod@s eles.

 

Despois de tanto xogar e disfrutar cos monitores dos xogos, toca retomar a visita.

Última parada, visitar a aula de debuxo, isto é esencial, porque podemos ter futuros

profesionais do arte, veremos que ocorre co tempo...

 

 

E despois de tanto esforzo e enerxía consumida toca a parte máis interesante, un

pequeno agasallo sorpresa que tivemos dese trasno que sempre anda rondando a

clase de sexto de primaria.

Que cariñas de felicidade! Ese é o mellor regalo para o trasno da clase.

De regreso ao colexio e cunha aventura que contar nas nosas casas.

 

SEMANA DO DÍA DO LIBRO.

Ao longo desta semana entre tantos libros, controis e traballos aproveitamos para facer algo en relación ao día do libro.

Coas nosas pequenas frases de motivación lectora, pretendemos convencer a tod@s da importancia que ten ler. Agora toca mirar para o tendal que temos pola fiestra da clase.

Bo traballo campións!

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

 

Hoxe tivemos a visita da Policía Nacional. Pelayo falounos: do acoso escolar, violencia escolar, maltrato físico, verbal

psicolóxico, acoso indirecto, implicados no acoso, Stop! Bullying, síntomas e indicadores, ciberbullying, dos riscos

de Internet, adiccións sobre o uso de Interne, etc. Todo isto e máis contidos, para que aprendamos a coñecer o

noso entorno e saber reaccionar e axudar aos compañeir@s se fose preciso.

Algunhas fotografías da visita de hoxe e agradecer a Pelayo a súa charla no colexio.

 

 

 

 

Curiosidade por coñecer o que empregan os policías nacionais no seu traballo diario.

 

Como foi tan bo e deixou probar o casco...Un pequeno agasallo da clase de sexto de primaria para Pelayo.

 

 

E non pode faltar a foto do grupo con Pelayo. 

GRACIÑAS POLA CHARLA, ATA A PRÓXIMAAAAAA!

EXPERIMENTOS DE 6º DE PRIMARIA COS PEQUERRECHOS DO COLEXIO.

Hoxe os alumnos e alumnas de 6º de Primaria foron por unhas horas de físic@s e químic@s para os nenos e nenas de Infantil. Pasaron un ratiño moi entretido todos eles xuntos.

 

 

Ahí queda o enlace dos momentos máis trouleiros do día.

 

NINO VAI A VESTIRSE PARA IR A RECONQUISTIÑA DO CASCO VELLO DE VIGO.

A nosa mascota de Biblioteca Nino vai a coñecer de preto A Reconquista, xa que temos a sorte de estar no propio Berbés. Nino vai coñecer de preto todo o que pasou o 28 de marzo de 1809, cando se levou a cabo un alzamento popular do pobo e expulsou aos franceses de Vigo. 

Hoxe Nino acaba vestido de francés, Vigués ou Viguesa ao gusto e elección de cada alumno e alumna de 6º de E.P.

 

 

 

Se queredes ver os diseños dos traxes a mirar o vídeo.

 

2 DE ABRIL DÍA DO AUTISMO.

Antes da Semana Santa empezamos o traballo de pintar con moita ledicia e así ensinar o importante que é a diversidade dentro do noso colexio.Todos somos diferentes, pero axundando uns a outros somos iguais.

 

 

E o 2 de abril colgamos os paraugas polo día do Autismo no noso cole.

 

 

 

COELLO DE PASCUA

Volvéndonos tol@s facendo o coello de Pascua, quedou moi riquiño.

MUSEO MARCO DE VIGO

A coñecer de preto as obras de arte e esculturas que pasan pola cidade de Vigo. Un día moi entretido cos mestres e coa presenza do mestre de Arts. E non esquecer que despois fomos artistas por un ratiño.

 

 

UNHAS NEURONAS TAMAÑO XXL

Unhas neuronas tamaño XXL. Descubrimento de Santiago Ramón y Cajal. Científico español que recibiu o Premio Nobel.

Powered by Drupal - Design by artinet