Departamento Orientación

EMOCIÓNS POSITIVAS

UNHA SORPRESA MAIÚSCULA

Absolutamente sobrecolledor! Vaia sorpresa! Fixástesvos que cores máis lindas!Non disimulamos o noso entusiasmo.
A sorpresa pasou á categoría MAIÚSCULA.

O CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal é un colexio realmente fermoso e cheo de oportunidades pola grandeza escondida no seu interior.

Aquilo do que vos falaba cando empecei a relatarvos que tiñamos sorpresas preparadas. Chegar a un lugar e sorprenderte...
Sentir emocións positivas! Iso que fai o teu corpo cando te emocionas moito con algo...
Foi o que sentín cando apareceu ante os meus ollos a pintura mural para decorar as paredes do escenario do salón de actos do
CEIP Ramón y Cajal realizada polo artista Pablo Loyola: “o casco vello de Vigo”. Impresionada quedei! Que pasada! Chulísimo!

IMPRESIONANTE! IMPRESIONANTE! IMPRESIONANTE!

 

Atende un momento a isto que che quero contar. Vaites! Non me acabo de afacer á idea de que podemos navegar polo universo das emocións!
Xa sei, xa sei que non é fácil! Non é nada fácil!
Só con saber que estás aí e que me vas acompañar nesta viaxe ao mundo interior xa me sinto moito mellor.
Porque me vas a acompañar, verdade?


 

Esa BELLEZA ENCERRADA en el salón de actos de nuestro colegio es la misma belleza encerrada que existe en cada niña,
en cada niño, solo tenemos que ayudar a que aflore esa grandeza que cada Ser humano lleva dentro.
Lo grandioso escondido en lo pequeño aflora con la ayuda inestimable de la IE.

Saber ver la belleza encerrada; ¡a saber las dificultades que cada niño y cada niña ha tenido que pasar!
Ayudemos a descubrir aquello que está cubierto en nuestros niños y en nuestras niñas”
Pilar.

 

 

Educación Emocional

 

O PODER DO PENSAMENTO POSITIVO NA IE

Os estados mentais positivos aumentan a capacidade de pensar con flexibilidade, facendo máis doado atopar solucións aos problemas, sexan estes intelectuais ou interpersoais. De aquí o poder do pensamento positivo.

Unha visión positiva ou negativa pode deberse ao temperamento innato, sabemos que hai persoas con tendencia natural cara unha ou cara a outra.

Afortunadamente, hoxe sabemos que esa tendencia pode remodelarse; as emocións poden regularse, con adestramento e vontade. Importante: tomar consciencia de que podemos aprender.

 

 

 

El reaprendizaje emocional -una tarea que, ciertamente, no concluye nunca – puede remodelar hasta los hábitos emocionales más profundamente arraigados” Daniel Goleman.

 

Aviso á Comunidade Educativa: temos unha grande sorpresa preparada para vós. Dediquémonos a experimentar emocións positivas cos nosos nenos, coas nosas nenas que son fascinantes!! Vémonos presencialmente o 15 de maio na celebración do día das Letras Galegas. GUAU!PLAS, PLAS, PLAS!

 

 

SABÍAS QUE...

100.000.000.000

 

Sabías que se estima que hai unhas cen mil millóns de neuronas aproximadamente?

Estímase que no Universo hai tamén unhas cen mil millóns de galaxias.

 

Esta curiosa coincidencia numérica es una excusa para proponer un paralelismo entre el universo cósmico y el universo de las emociones que procesamos en el cerebro”. Rafael Bisquerra.

 

O centro da galaxia está ocupado pola emoción básica, seguindo a denominación do libro de Rafael Bisquerra, Universo de emociones, así denominamos algunhas das Galaxias:

Existe a Galaxia do MEDO pero tamén existe a Galaxia da FELICIDADE

Existe a Galaxia da TRISTEZA pero tamén existe a Galaxia da ALEGRÍA

Existe a Galaxia da IRA pero tamén existe a Galaxia do AMOR

Cada forza ten unha contraforza igual e oposta.

Na psique humana cada sentimento ten o seu oposto.

 

Momento clave: a etapa da infancia constitúe unha oportunidade preciosa para inculcar nos rapaces hábitos emocionais construtivos, unha oportunidade crucialpara modelar as súas tendencias emocionais. Os cativos teñen que descubrir que é posible facer frente a estados de ánimo como a ansiedade, o abatimento ou o enfado; e que a transformación dos nosos pensamentos permítenos, en certo modo, transformar os nosos sentimentos.

 

As limitacións que teñen os pequenos co vocabulario emocional poden provocar a sensación de “non sei o que me pasa”. De aí a importancia de mellorar a denominación apropiada das emocións, para podelas regular mellor. A lámina do Universo das emocións, os contos, as charlas, a resolución pacífica de conflitos ... son algúns dos recursos que empregamos para mellorar a competencia emocional do noso alumnado..

Universo de emocións

O RETO DE FACER VISIBLE…

O INVISIBLE.

Velaquí vos presentamos a lámina do UNIVERSO DE EMOCIÓNS, tamaño 100 x 70cm, que imos traballar cos nosos rapaces e rapazas. Un punto de partida para comezar e unha valiosa ferramenta que nos permitirá comprender o mundo das emocións e navegar por el. Unha lámina bella e esteticamente atractiva de gran valor polo seu carácter didáctico.

A intención é facilitar a visualización dunha realidade inmaterial como recurso didáctico para axudar a unha mellor comprensión das emocións. Visualizar o rico mundo dos fenómenos afectivos que experimentamos no noso interior. Comparar as galaxias das emocións co universo cósmico, establecendo un paralelismo.

Confíamos que será un material útil para desenvolver as competencias emocionais do noso alumnado.

Máis de trescentas emocións recollidas neste universo representadas entre positivas e negativas.

 

Adentrarnos no propio universo de emocións! Buscar que nos pasa por dentro e poñerlle nome! Wow!

 

EU APRENDO...EU CAMBIO

EU APRENDO…

EU CAMBIO.

Medo, ansiedade, estrés constitúen emocións negativas que afectan a moitas persoas e son unha das principais causas de malestar.

O medo é a emoción que sentimos ante un perigo real, concreto e inminente que se vive como arrollador. A ansiedade é un medo imaxinario, resultado dos nosos pensamentos. O estrés é un estado emocional que se experimenta cando estamos ante retos e ameazas que consideramos superan os nosos recursos. Estrés e ansiedade teñen moitos elementos en común. Ambos orixínanse polas preocupacións orixinadas pola vida diaria. Distínguese entre estrés positivo (eustrés) que consiste na activación emocional que prepara para resolver situacións problemáticas da vida. O eustrés pode ir aumentando ata un punto óptimo de execución.Superado este punto óptimo entramos en estrés malo (distrés), a medida que aumenta o estrés diminúe a calidade executiva.

A ira e o medo son as dúas emocións que impulsivamente esixen unha resposta máis urxente. Ante estas dúas emocións hai unha impaciencia por actuar. Pasar da impaciencia (próxima á ira) á paciencia (próxima ao amor) é un exemplo de regulación emocional. Fixémonos en que a impaciencia é un estado emocional que nos vén automaticamente, sen buscalo. En cambio, a paciencia é consecuencia da regulación emocional e conséguese con esforzo. A paciencia é unha competencia emocional. Hai que aprender a ser pacientes.

O desarrollo de competencias emocionais pode axudarnos a regular o medo, a ansiedade e o estrés. Podemos intensificar ou atenuar estas emocións. Isto é a regulación emocional.

Concluíndo: aprender a regular as emocións negativas é esencial para construír o Benestar. Si EU aprendo... EU cambio.

Vivir es cambiar, y para perfeccionarse es necesario haber cambiado muchas veces.” JOHN H. NEWMAN

Pst, pst !Aviso importante!

A vindeira semana, coincidindo coa semana do libro, os pequenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, gozarán dun conta contos narrado pola coordinadora do Plan de Benestar. Seguimos avanzando!

IE

IE

DÚAS LETRAS QUE DEBES RECORDAR

Todas as persoas experimentan emocións continuamente. Cremos que sabemos que son as emocións, pero si nos preguntan que son, é probable que teñamos dificultades para explicalo. Probablemente daremos exemplos de emocións (medo, tristeza, alegría,…). Describir o que nos pasa por dentro cando experimentamos emocións, isto xa é máis difícil.

Para entender o que é unha emoción, o mellor é experimentala. Suxiro que pensedes nalgunha emoción forte que teñades vivido. Isto axuda a entender mellor o que nos pasa por dentro.

Por exemplo, pódome sentir ofendido polo comentario de alguén e notar unha impulsividade a responder de forma violenta. Esta predisposición podemos aprender a regulala de forma adecuada.

Podemos aprender a regular as nosas emocións e dar unha resposta apropiada. Isto é poñer Intelixencia Emocional entre o estímulo que recibimos e a resposta que damos. Isto é IE.

Un mesmo acontecemento pode ser valorado de forma distinta segundo as persoas. Isto pon en evidencia que a emoción non depende do acontecemento en si, senón da forma que temos de valoralo.

A  IE é o camiño!

Emocións Básicas

Chist...! Estades aí?...Seguimos adiante co adestramento emocional!

*** AS EMOCIÓNS BÁSICAS ***

Ser emocionalmente intelixentes é posible para calquera neno ou adulto. Como todo na vida, temos que querer.

As emocións son a esencia da Vida. Son boas e necesarias. Sen emocións seriamos como máquinas.

As emocións positivas -alegría, amor, felicidade- achégannos ao benestar.

As emocións negativas -enfado, medo, tristeza- son máis intensas, máis frecuentes, máis duradeiras e apártannos do benestar. Son as emocións máis potentes que sentimos.

Hai emocións, sobre todo as negativas, que non se poden evitar, so REGULAR.

Merece unha consideración especial a “IRRUPCIÓN” DO ENFADO:

O detonante do enfado é a sensación de atoparse ameazado, calquera ameaza simbólica para a nosa autoestima ou para o noso amor propio (sentirse insultado, menosprezado, frustrado na consecución dun obxectivo, etc); percepcións, todas elas, que actúan a modo de detonante e co poder suficiente para desencadear un “secuestro emocional”.

* * *

UN BÁLSAMO PARA O ENFADO

Resulta sumamente importante o momento do ciclo do enfado no que intervimos: canto antes o fagamos mellores resultados.

Nos casos de irritación moderada, as distraccións son un recurso enormemente eficaz para modificar o noso estado de ánimo, xa que é difícil seguir enfadado cando un está a pasar un rato agradable. O poder sedante da distracción reside precisamente en poñer fin á cadea de pensamentos irritantes.

Outra estratexia -claramente eficaz- consiste en retirarse e quedarse a solas mentres ten lugar o proceso de arrefriamento.

O exercicio físico contribúe tamén a dominar o enfado. O mesmo pode dicirse dos métodos de respiración - relaxación.

* * *

Este libro – guía axudará aos rapaces e rapazas de 6 a 12 anos a superar os seus problemas coa ira e a responder dun xeito máis tranquilo cando algo sae mal.

Día Mundial do Autismo

2 de ABRIL

#AutismoCercaDeTi y

#DíaMundialAutismo

Entender

o mundo do autismo

non é tarefa fácil.

A través dos contos visibilizamos

cos nosos cativos

o Trastorno do Espectro Autista.

VELAQUÍ o título de 4 atractivos contos da nosa extraordinaria biblioteca:

 

BENESTAR EMOCIONAL

No CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal ... PASAMOS Á ACCIÓN!

No ano 1941 a metade da poboación era analfabeta, isto non significaba que non tiveran a capacidade de ler. Iso mesmo acontece coa Intelixencia Emocional.

A – CLAVE – DO – BENESTAR - EMOCIONAL

A toma de conciencia das emocións -darse conta dos propios sentimentos no mesmo momento no que estes teñen lugar- constitúe a habilidade emocional fundamental, o cimento sobre o que se edifican outras habilidades deste tipo, como o autocontrol emocional, por exemplo.

A conciencia dun mesmo constitúe o primeiro paso cara o autocontrol.

Ser consciente dun mesmo significa “ser consciente dos nosos estados de ánimo e dos pensamentos que temos acerca deses estados de ánimo” é “estar atento aos estados internos sen reaccionar ante eles e sen xulgalos”.

 

* * *

As emocións que “bulen” no noso interior poden ter un impacto na nosa forma de percibir a realidade e de reaccionar.

Unha vez tomamos conciencia, pódense avaliar as situacións dun modo novo, decidir deixar a un lado os sentimentos que se experimentaron e transformar a visión e o estado de ánimo.

Así é como a Conciencia Emocional dun mesmo conduce ao seguinte elemento constitutivo esencial da Intelixencia Emocional: a capacidade de desembarazarnos dos estados de ánimo negativos.

O feito de manter ás emocións angustiosas controladas constitúe a clave do noso benestar emocional.

É a adecuada proporción entre as emocións negativas e as positivas a que determina a nosa sensación de benestar. Non se trata de que debamos evitar os sentimentos angustiosos, senón tan so que non nos pasen inadvertidos e terminen desprazando aos estados de ánimo positivos.

É o equilibrio entre as emocións negativas e as emocións positivas a que determinará a nosa sensación de benestar.

Inteligencia Emocional de Daniel Goleman

Educación Emocional

No CEIP Ramón y Cajal estamos prestando unha atención especial ao tratamento do desenvolvemento emocional, dando pasos progresivos e claros.

Comezamos no 1º trimestre cos obradoiros de ed emocional, a aprobación do Plan de Benestar Emocional como guía e coa lectura e reflexión dos contos:

DE MAYOR QUIERO SER ... FELIZ. 6 cuentos cortos para potenciar la positividad y la autoestima".

DE MAYOR QUIERO SER ...FELIZ 2. 6 cuentos cortos para potenciar la positividad y la autoestima”.

"Vamos a llevarnos bien: 3 historias para fomentar el compañerismo y disuadir del bullying”.

O noso obxectivo consiste en elevar o nivel de competencia socioemocional do alumnado, ensinando a resolver dun modo mais positivo a maioría dos conflitos.

No 2º trimestre iniciamos un Programa de Educación Emocional (PEE), aínda que o contido das clases de educación emocional poda parecer trivial, os seus efectos resultan mais necesarios que nunca para o futuro. A aprendizaxe de certas habilidades emocionais resultaralles especialmente útil na adolescencia. Ademais do contido concreto do programa, aproveitamos as oportunidades que se presentan dentro e fora da aula para que o noso alumnado transforme os momentos de crises persoais en leccións de competencia emocional.

Dominar o mundo emocional é especialmente difícil por iso son tan importantes estas habilidades.

Para seguir avanzando no 3º trimestre temos sorpresas preparadas. Esperamos sexan do agrado da Comunidade Educativa.

Aburiño!

Powered by Drupal - Design by artinet