BENESTAR EMOCIONAL

No CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal ... PASAMOS Á ACCIÓN!

No ano 1941 a metade da poboación era analfabeta, isto non significaba que non tiveran a capacidade de ler. Iso mesmo acontece coa Intelixencia Emocional.

A – CLAVE – DO – BENESTAR - EMOCIONAL

A toma de conciencia das emocións -darse conta dos propios sentimentos no mesmo momento no que estes teñen lugar- constitúe a habilidade emocional fundamental, o cimento sobre o que se edifican outras habilidades deste tipo, como o autocontrol emocional, por exemplo.

A conciencia dun mesmo constitúe o primeiro paso cara o autocontrol.

Ser consciente dun mesmo significa “ser consciente dos nosos estados de ánimo e dos pensamentos que temos acerca deses estados de ánimo” é “estar atento aos estados internos sen reaccionar ante eles e sen xulgalos”.

 

* * *

As emocións que “bulen” no noso interior poden ter un impacto na nosa forma de percibir a realidade e de reaccionar.

Unha vez tomamos conciencia, pódense avaliar as situacións dun modo novo, decidir deixar a un lado os sentimentos que se experimentaron e transformar a visión e o estado de ánimo.

Así é como a Conciencia Emocional dun mesmo conduce ao seguinte elemento constitutivo esencial da Intelixencia Emocional: a capacidade de desembarazarnos dos estados de ánimo negativos.

O feito de manter ás emocións angustiosas controladas constitúe a clave do noso benestar emocional.

É a adecuada proporción entre as emocións negativas e as positivas a que determina a nosa sensación de benestar. Non se trata de que debamos evitar os sentimentos angustiosos, senón tan so que non nos pasen inadvertidos e terminen desprazando aos estados de ánimo positivos.

É o equilibrio entre as emocións negativas e as emocións positivas a que determinará a nosa sensación de benestar.

Inteligencia Emocional de Daniel Goleman

Powered by Drupal - Design by artinet