Skip to Content

Cora Coralina

Actividades da promoción de 2016

A Ruta das Esculturas: 3º e 4º

 Este venres foi a quenda do alumnado de 3º e 4º para descubrir a nosa particular "Ruta das Esculturas"

 Da man dos mellores guías turísticos Aitor e Jack percorrimos as rúas moi atentos ás súas explicacións.

Cantas cousas aprendemos!

Esta actividade estanos gustando moito.

 

Visita ao Pazo de Rubianes ( 3º-4º-5º-6º)

Último día de visitas ao Pazo de Rubianes.

Primeiro o alumnado de 3º e 4º e logo os maiores de 5º e 6º

O denomidador común a todas as visitas foi o encantado que volveu o alumnado de poder visitar un lugar tan destacado da nosa Parroquia.

Tiñamos moitas ganas e a visita non defraudou. Moitas grazas por acollernos! Esperamos repetila moi pronto! ;-)

 

 
 

DISFRAZ YAYOI KUSAMA

Boas,

este curso imos a disfrazarnos da artista Yayoi Kusama ou a súa famosa obra de cabazas. Aquí tedes a información sobre o disfraz para o día 25 de febreiro.

Por motivo da Covid19 cada alumno/a deberá traelo feito da casa.

Grazas pola vosa participación!

LISTAXE MATERIAL 3º CURSO 21/22

Adxunto lista de material para 3º de primaria neste curso 2021/2022.

RECORDADE QUE:

-O material e os libros deben vir co nome, pois son de uso individual.

-Poderase requerir material ao longo do curso para algunha actividade (principalmente reutilizable), así coma, un libro de lectura.

-Poden reutilizar o material que teñan do curso anterior.

-Deben traer panos de papel na mochila diariamente (clínex).

-Deben traer uns tenis de reposto para Ed. Física.

-A reunión terá lugar o martes 21 ás 16h.

Saúdos,

Chari.

How to draw .......

Este curso tanto en 1º como en 2º na materia de plástica, aprendemos a debuxar.

Grazas as indicacións que nos facía a Hub family do canal Art for Kids Hub aprendemos a debuxar personaxes e un montón de animais.

A que son chulísimos os nosos debuxos?? (non están todos os que fixemos, so unha pequena mostra do que somos capaces de facer)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut