Skip to Content

PLAMBE

Celebramos o Día do Libro máis olímpico

Como cada ano realizamos o Apadriñamento lector, unha actividade que lle encanta a lectores e espectadores e que coma sempre resultou un éxitazo.

Ademais fixemos un reto olímpico literario, no que todos os cursos, cada un na súa quenda, superou uns retos con trabalinguas, poesía, debuxo..., para chegar á proba final na que tiveron que vestir a Sabela de tenista e obter unhas pelotas coas que xogaremos en canto o tempo o permita, a diferentes modalidades paralímpicas.

O último reto, consistiu en resolver unha adiviña de Gloria Fuertes o que nos serviu de excusa para coñecer á poeta amiga dos nenos e das nenas.

 

 

 

Día do libro 2019

O mal tempo nesta ocasión non nos permitiu gozar plentamente dunha das actividades que máis nos gustan, o apadriñamento lector.

Así que xa que non podiamos saír a ler polo patio, tivemos que facelo polos corredores do colexio. Aínda así, os maiores gozamos moito lendolles aos pequenos e os pequenos coma sempre ademais de divertirse coas historias que lles contaron fixeron uns marcapáxinas con moito cariño para agasallar aos seus "padriños".

Día do Libro 2017

Para conmemorar o Día Internacional do Libro realizamos unha actividade que nos gusta un montón: o apadriñamento lector.

Maiores e pequenos gozamos do pracer de ler en compañía.

Este ano, ademais, para atopar aos padriños/afillados tiñamos unha tarefa "especial". Os padriños/madriñas tiñan unha foto dunha escultura relacionada co mar e os afillados/as tiñan o nome desa escultura. Así, o azar xuntou a pequenos con maiores e xuntos buscaron o lugar que máis lles gustaba no patio para gozar do libro que Sabela tiña preparado para cada un.

Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns fermosos marcapáxinas mariñeiros.

Día do libro 2015

Unha das actividades que máis nos gustou do "Día do Libro" deste ano foi o apadriñamento lector.

Escollemos un libro da nosa biblioteca, decidimos un lugar e lémoslles aos máis pequenos.

Gozamos das historias e do pracer de ler todos xuntos!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut