Skip to Content

Actividades

Chegou Papá Noel

Directamente chegado de Laponia e nun carro tirado por un brioso corcel, chegou ao cole a visita que máis nos gusta de todas as que recibimos: Papá Noel!! 

Coma sempre os máis pequenos estaban entre nerviosos, asustados, sorprendidos.... esa sensación máxica que non sabes como definir.

O home de vermello repartiu caramelos entre todo o alumnado (os profes tamén levaron que son moi bos ;-) ) e deu moi bos consellos sobre canto había que estudar e como comportarse.

Grazas a ANPA Casanova por axudar a manter a maxia destas datas.

Guardar

Guardar

Logo do ANPA

O alumnado do cole xa está mans á obra e xa recibimos os primeiros LOGOS para o concurso "Na procura do logotipo perdido" que busca un logotipo que represente á asociación e que figurará nos documentos e redes sociais da ANPA.

Podedes velos na seguinte galería. A que están moi ben?

Aínda tedes tempo para presentar os vosos! Lembrade que o prazo remata o día 28 deste mes de novembro.

PLAN MADRUGA

Actividades organizadas pola ANPA

A ANPA do Colexio organiza durante o curso, entre outras, as seguintes actividades:

 

  • Plan Madruga.
  • Actividades extraescolares.
  • Festival do Entroido.
  • Concurso de Postais de Nadal.
  • Reparto de caramelos realizado por Papá Noel.
  • Participación na Cabalgata de Reis organizada polo Concello de Vilagarcía.
  • Participación na mostra de maios.
  • Excursión de Fin de Curso.
Distribuir contido


by Dr. Radut