Skip to Content

Sabela contra o plástico!

Actividades do PDI 2020-21

Consellos para reducir o consumo de plástico

Con estes consellos será doado reducir o uso de plástico. Xuntos podemos coidar o noso planeta.

Mobilízate pola selva!

Mobilízate pola selva! é unha campaña de reciclaxe de móbiles creada polo Instituto Jane Goodall España dende o seu programa de educación ambiental Raíces e Brotes, co apoio da primatóloga e conservacionista Jane Goodall, Premio Príncipe de Asturias 2003, Premio Internacional Cataluña 2015 e Mensaxeira da Paz por Nacións Unidas.

 

A reciclaxe dos móbiles permitirá:

  • Reutilizar terminais e reducir a insustentable demanda dos seus elementos.
  • Reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio.
  • Recadar fondos para proxectos de apoio ao desenvolvemento de cidadáns congoleños, e aos programas de educación e conservación en R. do Congo, como o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí o Instituto Jane Goodall coida de máis de 150 chimpancés rescatados, a gran maioría en pésimas condicións tras ser comisados a cazadores, traficantes ou particulares. Os fondos tamén se destinan a proxectos de reforestación e conservación de chimpancés en Senagal, e a proxectos educativos para nenos/as na República Democrática do Congo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut