Skip to Content

Complementarias

Vilagarcía, cidade de libro!

Dentro das actividades de Vilagarcía, cidade de libro que se está levando a cabo na nosa cidade por 2º ano consecutivo, o alumnado de 1º e 2º tivo a sorte de participar nunha xincana literaria, Literatour.

Pasámolo xenial intentando descubrir todas as pistas e conseguir todas as pezas do crecabacezas para formar a portada do libro.

 

Visita da Protectora

Hoxe tivemos unha visita moi especial. 
Manchas e Pecón da Protectora de Vilagarcía viñeron pasar un ratiño ao noso cole!

Somos pet friendly pois case todos temos cans ou gatos na casa e axudamos ao seu coxidado. 
Pensamos que Manchas e Pecón estiveron moi a gusto con nós! E nós pasámolo xenial con eles! 

Visita ao Pazo de Rubianes (6º inf e 2º Prim)

Esta semana visitaremos por grupos o Pazo de Rubianes

Tiñamos moitas ganas de realizar esta visita para coñecer o histórico Pazo e os seus marabillosos xardíns que se atopa na nosa parroquía. 

O primeiro grupo en poder gozar desta excursión foron o alumnado de 5 anos e o de 2º de primaria.

Os xardíns estaban preciosos, gustóunos moito a visita. Graciñas Pazo de Rubianes!!

Obradoiros benestar emocional e mediación

Levamos uns días realizando uns obradoiros de benestar emocional e mediación impartidos polo Centro de Intervención e Estimulación en Neurodesenvolvemento e Aprendizaxe (TECNIDAE)

O obxectivo destes obradoiros é mellorar a convivencia na aula a través da xestión das nosas emocións. Vai dirixido a todo o alumnado do centro.

8M

O 8M deste ano ía ser moi especial para nós, pois íamos empezar o mural que vai pintar a artista viguesa Eva CasaisNon puido ser, a choiva augounos a festa!

Aínda así, non conseguiu parar a nosa loita para conseguir un mundo igualitario para os nosos nenos e nenas.

Conmemoramos o día da Muller (ademais da charla de Eva do día anterior) con diferentes actividades.

Exposición de mulleres artistas e as súas obras; exposición Bravxs, mulleres científicas, investigadoras e inventoras. Canto aprendemos!!

Nas aulas realizaronse diferentes actividades, dependendo do nivel: dende Pasapalabras de Artistas, manualidades ou traballos sobre diferentes mulleres destacadas en moitos ambitos.

Aínda que imos avanzando en materia de Igualdade, aínda queda moito treito por percorrer e a Educación é o camiño!

Oxalá que algún día non teñamos que conmemorar días como este porque eso significaría que conseguimos unha Igualdade real e efectiva.

Entroido 2022

O Entroido volveu a encher de cor as rúas de Rubiáns.

Nesta ocasión parecían un verdadeiro museu. Ao convite non faltaron nin as clasicas meninas nin as grafitteiras Hassani, pasando por diferentes artistas coma Magritte, Kusama ou os cadros máis famosos de todas as épocas. Veu ata a estatua da Liberdade representando á escultura. E ata tivemos un tanque.... pero que disparaba flores e Paz, tan necesaria nestes momentos.

A pesares das restriccións e de non poder cantar as nosas famosas coplas ou non poder compartir as lambetadas que tanto nos gusta, gozamos dunha tradición que nos encanta.

Gracias ás familias por achegarse a vernos, fainos moita ilusión compartir con vós o que facemos!

Día de Rosalía 22

Hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento, conmemoramos o Día de Rosalía.

Ademáis de diferentes traballos de aula sobre a figura da escritora, tamén fixemos uns traballos plásticos dignos de estar colgados das paredes de calquera museo, nacional ou internacional! Somos artistas!!

Tamén plantamos uns preciosos pensamentos que forman parte do xardín adicado a autora de Cantares Gallegos e Follas Novas para "sementar pensamentos" como fixo ela.

 
 

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da conmemoración do Día da Muller e Nena na Ciencia coñecemos da man do Faro de Vigo e da UCC CSIC Galicia o labor da oceanógrafa, Lara García e a piloto de barcos, Cristina Álvarez. 

A través de videoconferencia observamos imaxes da Antártida e como investigan en grandes buques.

Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos un montón de cousas sobre o traballo destas exploradoras dos océanos.

Pero a cousa non quedou aí, tamén fixemos experimentos, programamos, observamos e ata fixemos lemas.

Viaxamos ao espazo

Esta semana tivemos a sorte de navegar polo Universo da man de ruta Quetzal. Dentro da nosa cúpula/nave puidemos ver o sistema solar e achegarnos ata o Sol, tanto que parecía que nos ía caer enriba. Que grande era!

Ao longo da nosa viaxe vimos os planetas nas súas órbitas, a Vía Láctea, as constelacións e a Lúa, incluída a cara oculta! Aprendemos tamén moito sobre a historia da Astronomía.

 

Día da Paz

Non debería ser preciso celebrar o Día da Paz, pero mentres haxa inxustizas no mundo cómpre adicarlle este día para que reflexionemos no que podemos facer cada un de nós para facer deste un mundo mellor.

Este ano achegámonos a este día dende a arte. Un mural realizado por todo o alumnado e inspirado na obra de Keith Haring preside a entrada do colexio. Dentro, móbiles cos símbolos da paz, interpretacións de Haring, ou o mesmo Guernica, completan unha xornada na que falamos da importancia de facer sentir ben aos demais, o Apartheid, o rexeitamento aos demais...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut