Skip to Content

Complementarias

A igualdade non ten truco!

A igualdade é un dos piares nos que se basa o traballo diario no noso cole. Sempre nos esforzamos por demostrar que todos, independentemente do xénero, podemos facer o que desexemos. Ben sexa no deporte que practicamos, nos xogos aos que xogamos ou nas profesións que elixiremos nun futuro...

No mes de marzo facemos especial fincapé e dedicamoslle varias actividades á visibilización das mulleres.

Nesta ocasión, foi un espectáculo de maxia. Tradicionalmente as mulleres neste tipo de espectáculos desenvolvían o rol de axudantes, pero hoxe comprobamos que tamén as mulleres poden facer máxia!

Ademais de falarnos de igualdade fixeron uns trucos incribles!

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Canal Rías Baixas | Un espectáculo de maxia conciencia sobre a igualdade de Xénero no CEIP P de Rubiáns

Faro de Vigo | Los niños de Rubiáns trabajan la igualdad a través de la magia

La Voz de Galicia | Maxia pola igualdade

Ledicia Costas visita Rubiáns

Dentro do proxecto O Faro da Escola, tivemos a sorte de contar coa visita da escritora Ledicia Costas

Ledicia veu a falar do seu libro "Conexión macarrón" pero ademais falounos de un montón de extraterrestres que nos impresionaron moitisimo.

Contestou a todas as nosas preguntas con moito cariño e dedicounos os nosos exemplares. Pasamos un rato moi agradable con ela!

Graciñas Ledicia por falar para todo o cole!

O sabor da aventura está no mar 2020

Como xa sabedes o noso cole é un cole saudable; dámoslle moita importancia á alimentación e por iso participamos nos Proxecta que oferta a Consellería relacionados con hábitos saudables.

Dentro do programa "Aliméntate ben" hoxe recibimos no cole aos Arroases e a Luís, o mariñeiro; Mariña, a marisqueira e á bióloga para realizar o obradoiro "O sabor da aventura está no mar".

Cos nosos amigos os Arroases fixemos uns xogos moi chulos cos que aprendemos unha morea de cousas sobre alimentación saudable, o coidado do medio ambiente e lembramos os superpoderes que nos aportan.

Día da Paz 2020

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Nesta ocasión recitamos unha poesía que expuxemos nunha mega pancarta colgando da fachada do cole e cantamos a canción "De ellos aprendí" relacionada tamén co noso proxecto anual "Sabela, cámara e acción"

Aproveitamos para estrear as camisetas co debuxo realizado por Kevin, gañador do concurso "Deseña a túa camiseta de igualdade". Quedaron preciosas, non si?

Visita do Rei Melchor

Hoxe tivemos unha visita moi especial, estabamos tan nervosos que xa non sabiamos se era Papá Noel ou un Rei Mago.

Despois dos nervos iniciais falamos un rato con Melchor que nos deu consellos e tamén apertas e caramelos. Nós, en agradecemento, cantámoslle unha panxoliña.

Grazas pola visita!!

Reciclaxe en familia 2019

Como cada curso facemoslle unha proposta ás familias de crear unha "obra" relacionada co proxecto con materiais de refugallo.

Este curso xuntóusenos cos monicreques do Samaín e sabemos que as familias non tiveron demasiado tempo. Por iso, máis que nunca queremoslle agradecer á súa participación.

Xa que o proxecto deste curso é "Sabela, cámara e acción" as pezas tiñan que ser de cine!

Propuxemos reciclar caixas de cartón e coma sempre a creatividade e orixinalidade deixounos sen palabras.

Películas tan entrañables como "E.T", "Mary Poppins", "Polar Express" comparten protagonismo coas máis populares creacións de Disney, aínda que tamén apareceron películas non tan infantís "It" ou "Celda 211"

Como podedes comprobar en Rubiáns o que sobra, é ¡maxinación.

 

Magosto 19

Este ano o tempo mantívonos expectantes toda a semana.

Finalmente a choiva deu unha tregua e puidemos celebrar o Magosto.

Primeiro comemos as castañas, que ricas estaban!!! e despois pasámolo en grande xogando a xogos tradicionais.

Graciñas ao profe Peque, que tan ben asou as castañas!!

Monicreques Samaín

Este ano polo Samaín cambiamos as cabazas por monicreques!

E como o proxecto deste curso é Sabela, cámara acción! non podiamos facer outra cousa que un Samaín de cine..... de terror, claro.

Así que o cole encheuse de Freddy Krueger, Maléfica, Chucky, Jack Skeleton, Joker, Frankenstein, A noiva cadáver, bruxas, vampiros, momias, pantasmas e demais personaxes do xénero cinematográfico máis terrorífico.

Coma sempre temos que agradecer a colaboración das familias que derrocharon unha imaxinación e unha creatividade incrible.

Semana Deporte Escolar e polo clima

Esta semán foi moi intensa no cole, pero iso non é novidade non si? Sempre facemos un montón de cousas pero nesta ocasión xuntaronse dúas conmemoracións. Como en Rubiáns somos moi activos non quixemos perder ningunha delas (incluso tivemos algunha actividade máis) así que celebramos a Semana Europea do Deporte Escolar e tamén a Semana polo Clima.

O luns, o tempo non nos permitiu realizar as carreiras de relevos que tiñamos programadas pero o martes si pudiemos disputar uns partidos de brilé mói intenso.

O mércores saltamos á corda.

 

O xoves tivemos a visita dos monitores do Xinmasio Olimpic para facer unha demostración de Taekwondo e Zumba.

Educación Viaria

O noso centro participa no Programa de Educación Viaria do Concello de Vilagarcía. 

O alumnado de 6º é o que máis sorte ten porque, grazas a este programa ademais de aprender moito sobre seguridade viaria, pon en práctica todo o aprendido no circuíto de bicis e karts que a Policía Municipal monta en FEXDEGA.

Pasámolo en grande!

Moitas grazas, un ano máis, á Policía Local.

Distribuir contido


by Dr. Radut