Skip to Content

Fitofaladoiro

PROXECTO REALIZADO DURANTE O CURSO 2015-16

 

Faremos un herbario de boa calidade debemos seguindo varias indicacións:

- RECOLLER MOSTRAS

  Recolleremos as mostras seguindo estes consellos:

  1. Coller as mostras o máis completas posibles (incluso a raíz se é posible)

  2. Coller 2 mostras de cada especie.

Podedes ver un vídeo demostrativo dende este enlace.

 

- PRENSAR AS MOSTRAS

  Para conservar as mostras debemos sacarlle a auga co prensado:

  1. Meter a mostra nunha folla de xornal de maneira que quepa toda dentro, doblándoa se é necesario.

  2. As follas deben verse polos dous lados, o dereito e o envés.

  3. Nomear as follas de xornal coa mesma nomenclatura que a folla da entrevista, a data e o lugar de recollida.

  4. Para nomear as follas e enquisas poñemos o noso curso, as nosas iniciais en maiúsculas e o número coa orde de recollida con 2 díxitos (Por exemplo: Sabela Rubiáns Rubiáns que estuda en 5º, sería 5-SRR-01, 5-SRR-02...)

  5. Poñerlle peso enriba. No caso de querer poñer varias mostras baixo o mesmo peso, podemos poñer un catón ou follas de papel no medio.

  6. Cambiar as follas de xornal cada poucos días ata que estea seca a planta.

Aquí atoparedes un vídeo sobre o proceso de prensado.

 

- ENTREVISTAS

Ao mesmo tempo que recollemos as mostras de plantas preguntaremoslles a persoas galegofalantes como se chama (só nos interesa o seu nome galego, o que emprega a xente, e non ten porqué coincidir co que ven nos libros).

Podedes ver uns vídeos de exemplo:

Pala lévoda

Dentesil

Nos documentos adxuntos podemos ver algúns consellos para facer as entrevistas e a recollida de nomes.

 

AdxuntoTamaño
Fitofaladoiro_consellos_entrevistas.pdf18.89 KB
Fitofaladoiro_instrucions_recollida_nomes.pdf65.13 KB
Rubians. Recolida de datos. Fitofaladoiro.pdf326.35 KB


page | by Dr. Radut