Skip to Content

Nancy Wake

Actividades da promoción 2014

Entroido

Este ano disfrazámonos con moita arte, pero non quixemos perder a ocasión de homenaxear a Shamsia Hassani e as mulleres que representa nas súas obras. Acompañounos un tanque que, no canto de proxectís, tiña flores no seu canón.

E casualmente, o noso festival foi o venres 25 de febreiro, xusto o día seguinte á invasión de Rusia en Ucraína, dando comezo á guerra entre os dous países. Por este motivo lembrámonos tamén dos ucraínos e ucraínas, aos que lles enviamos o noso agarimo.

Atletismo

Esta mañá o alumnado de 5º de primaria tivo a oportunidade de achegarse ao atletismo grazas ao programa XOGADE. Pouco a pouco imos retomando a normalidade e nesta ocasión acudimos ás pistas de atletismo para participar desta xornada xunto a outros centros da comarca.

Todo o alumnado o pasou moi ben correndo, saltando lonxitude ou lanzando peso ou vórtex (a versión infantil da xabalina). Oxalá poidamos vivir pronto novas experiencias.

Empatiza

Neste obradoiro ofrecido polo Concello de Vilagarcía de Arousa, aprendemos a resolver os nosos problemas. 

Listaxe de material 5º 2021-22

Adxúntase a listaxe de material para o curso 21-22.

Consideracións:

  • Cada alumno deberá traer todo o material co seu nome, pois o protocolo COVID non permite facer uso compartido de material persoal.
  • Recoméndase reutilizar todo o material posible do curso pasado.
  • As chaquetas e xerseis deben vir marcados.
  • Deben traer panos de papel na mochila.
  • Empregarán o ordenador portátil Edixgal. Para levalo á casa as familias tedes que asinar un documento de compromiso. Dareivos máis información nos vindeiros días.
  • A reunión informativa de inicio de curso será o martes 21 ás 16:00.

A titora,

Conchi

conchibarreiro@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut